VIALIA
REVISTA MARZO

Camiño a Camiño presenta a súa tempada de outono

Xa coñecemos todos os datos da tempada de outono 2019 do Programa de Educación Medioambiental “Camiño a Camiño”. Están previstos percorridos medioambientais entre outubro e novembro, as actividades de hortas urbanas e dos cursos. 

A primeira ruta terá lugar o domingo 6 de outubro coa clásica travesía Monte Galiñeiro – Monte Aloia, iniciando unha serie de sendas a carón da botánica tanto en Vigo (no Parque Tecnolóxico de Valladares, no Arco da Vella en Bembrive e no Pazo de Castrelos; a do Monte da Guía tense que suspender por coincidir con xornada electoral) como na provincia de Pontevedra (Castelo de Sobroso e Lourizán). 

O domingo 13 de outubro participarase na II Andaina pola rexeneración dos montes de Vigo, coincidindo co segundo aniversario dos catastróficos incendios que asolagaron os nosos montes en outubro de 2017. Tamén seguen as actividades de voluntariado medioambiental nos montes de Vigo, nos sendeiros locais ou na caneira municipal. Para poder participar é preciso realizar o curso de iniciación ao voluntariado medioambiental previsto para o sábado 5 de outubro en Vigozoo.

Banner A Movidiña

As inscricións para todas estas actividades pódense facer no 010 (986 810 260 dende móbil) durante a semana previa a cada unha delas, iniciándose o luns 30 de setembro.

A lista de percorridos medioambientais son os seguintes:

  • 06 out: Monte Galiñeiro – Monte Aloia
  • 13 out: II Andaina pola rexeneración dos montes
  • 20 out: Castelo de Sobroso e entorno
  • 27 out: Parque botánica do PTL de Valladares
  • 03 nov: Parque botánico do Arco da Vella e río Eifonso
  • 10 nov: Parque da Guía e senda azul
  • 17 nov: Pazo de Lourizán e entorno
  • 24 nov: Pazo de Castrelos e río Lagares

As charlas de formación en VigoZoo sobre horticultura e botánica son as seguintes:

  • 10 out: Compostaxe
  • 17 out: Nocións básicas para interpretar os parques botánicos
  • 24 out: Abonos e produtos fitosanitarios caseiros
  • 26 out: A mellor colleita e como conservala
  • 07 nov: De camas elevadas e cultivos mixtos
  • 09 nov: Poda de árbores frutais