CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Camiño a Camiño comeza este domingo na Vía Verde

Nesta edición de Camiño a Camiño o reto é percorrer a Ría de Vigo en oito etapas, rematando ao final coa visita ás Illas Cíes, cun total de 100 km a pé. Visitaranse algúns dos lugares máis emblemáticos dos concellos que cincundan a Ría, tentando comprender as súas orixes, hábitats e características. O primeiro roteiro é este domingo 12 con saída desde a Vía Verde ata Chapela.

Camiño a Camiño é un programa da Concellería de Medio Ambiente de Vigo que ten como obxectivo promover a educación, a sensibilización e o voluntariado medioambiental entre a cidadanía viguesa. Está dirixido a persoas maiores de idade empadroadas na cidade que poden inscribirse de balde a través do servizo de atención telefónica do Concello ( 010 ou 986 81 02 60 desde o móbil), sendo o prazo de inscrición de luns a mércores, de 8:00 a 20:00, da mesma semana da actividade. 

Na primeira etapa a celebrar o 12 de marzo circularemos pola Vía Verde de Vigo ata Chapela e logo ata Rande, onde veremos o Castelo de Rande debaixo da ponte e tamén o Museo de Meirande. Os que queiran camiñar un pouco máis poderán facer a “ruta longa”, desviándose no Parque da Riouxa ata a Praia de Arealonga, para logo incorporarse de novo á ruta. En total a ruta curta serán 9 km de fácil camiñar e a ruta longa, 10 km tamén moi cómodos.

Ao longo do percorrido poderemos contemplar as localizacións das vindeiras rutas e, se o tempo acompaña, experimentar de preto o interior da ría e a súa intrahistoria.

Información básica

Cando: Domingo 12 de marzo
Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 14:00-14:30 (aprox)
Percorrido curto (no Parque da Riouxa continúa por Vía Verde ata Chapela): 9,0 km. Dificultade media-baixa
Percorrido longo (no Parque da Riouxa desvíase por Praia de Arealonga ata Chapela): 10,0 km. Dificultade media-baixa
Recomendación: levar bastóns para axudar a realizar algunha baixada na parte final do percorrido.
Máis información

Prgramación Camiño a Camiño

12 marzo: Vía Verde de Vigo – Chapela 
19 marzo: Reboreda – A Ermida da Peneda (Redondela)
26 marzo: Arcade – Salinas de Ulló e de Larache (Vilaboa)
2 abril: Lago Castiñeiras – Chan de Arquiña (Moaña)
16 abril: Chan de Arquiña – Rego da Fraga – Moaña
23 abril: Pastoriza (Moaña) – Alto da Portela (Cangas)
30 abril: Cangas – Nerga (Cangas)
7 maio: Nerga – Cabo Home – Donón – Hío (Cangas)

VIII ANDAINA POLOS MONTES DE VIGO

CAMELIAS NADAL

14 maio: Montes de Vigo (información adicional dende 27 abril)

VISITA ÁS ILLAS CÍES

21 maio: Illas Cíes I
4 xuño: Illas Cíes II