Botando unha man aos amigos caninos
O mes inicial do ano é famoso polos esforzos económicos; polos propósitos de ir ao ximnasio, de deixar de fumar ou de parar de morder as uñas; a promesa de aforrar para esa viaxe soñada… e, tristemente, o abandono das mascotas que serviron de regalo polo Nadal. Na nosa cidade contamos cunha ducia de asociacións que traballan todos os días do ano para dar unha boa vida a cans e gatos sen dono, agrupacións que se ven desbordadas ante o abandono dos caprichos natalicios.
Alejandra Rodríguez é unha das colaboradoras habituais das protectoras da zona de Vigo. A través da súa empresa de fotografía para mascotas, SköllDog, realiza reportaxes que favorecen a adopción dos cans sen dono. A lista de asociación beneficiarias do seu traballo é inmensa: na actualidade ten á venda dous calendarios cuxos beneficios son destinados ás protectoras Rescue Galicia e Tú eres nuestra ayuda, mais xa prestou a súa destreza coa cámara a unha ducia de canceiras da bisbarra. […]
A raíz de abrirlle un perfil de Instagram ao seu novo amigo e recibir gabanzas sobre as imaxes que alí mostraba, decidiu dedicarse á fotografía. Ademais, coñecer á protectora da que veu Sköll fíxolle reflexionar sobre a situación dos animais abandonados, dedicando desde entón esforzos a mellorala. Durante o ano pasado organizou en Vigo e Pontevedra cadanseu evento nos que deu cabida a unha ducia de asociacións, para as que recadou preto de 600 € en cada cidade. […]
Os de SköllDog non son os únicos eventos solidarios a prol dos nosos amigos caninos. Elena, tesoureira de Rescue Galicia, cóntanos que a súa protectora conta habitualmente cun posto nas feiras da cidade, como a Brincadeira de Bouzas, ou en Yes We Can, o encontro mensual no pub Tinta Negra no que se achega información sobre a adopción destes animais. Organízanos xunto a Coia’s Can, unha asociación dedicada á educación cidadá para mellorar a convivencia entre cans e humanos, promovendo a adopción responsable.
[…] O verdadeiro traballo está tras os muros das protectoras, continuamente á procura de novas mans voluntarias que alivien a carga de traballo e aporten benestar aos seus inquilinos, quer limpando as instalacións, quer xogando e paseando con eles. Luis, un dos asiduos aos paseos dominicais da Protectora Aloia (Tui), onde se congrega ata un centenar de voluntarios, recomenda totalmente a experiencia: «É un xeito estupendo de facer exercicio e levar felicidade aos nosos amigos peludos, ademais do bo ambiente e as amizades que se forxan». Conta que decidiu facerse voluntario porque «nin os seus antigos donos nin as institucións se van facer cargo de todos estes animais; se non houbese voluntarios, non sairían da gaiola». […]
Paula Cermeño
[ Podes ler a reportaxe íntegra na revista A Movida de xaneiro do 2020. Faite con ela de formar gratuíta nos nosos puntos de distribución ou comeza a recibila na túa casa facéndote #AMOVIDALOVER ]
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- O GFFF quece motores cunha Batalla de Programadores e un Trivia Freak esta semana - 10 Setembro, 2024
- Extraescolares a calquera idade - 29 Agosto, 2024
- The Wild Fest, TerraCeo, Meu Fest e festas en Zamáns para pechar o mes de agosto - 28 Agosto, 2024
- Volve The Wild Cinema, o festival internacional de cine e ecoloxía de Vigo - 23 Agosto, 2024
- Os vigueses elixen a mellor hamburguesa de España a partir do xoves 22 - 19 Agosto, 2024