REVISTA ABRIL

Bizarrap, Maluma, The Kooks, Aitana e Royal Blood encabezan O Son do Camiño

O cartel máis esperado do verán xa é público, e como era de esperar, trae unha proposta do máis ecléctica: música urbana e latina, electrónica, pop, rock e indie son algúns dos ingredientes desta edición do Son do Camiño, que terá lugar no Monte do Gozo (Santiago) do 15 ao 17 de xuño. E si, Xoel López tamén está.

A finais do ano pasado O Son do Camiño lanzaba á venda os abonos da súa quinta edición, pero cunha particularidade: aínda non había cartel. Iso non impediu que os 33.000 primeiros abonos se esgotaran en cousa de horas, o que demostra a expectación que levanta o festival compostelán. Tres meses despois xa temos o cartel completo, unha proposta que segue a liña ecléctica de anos anterior para atraer ao maior número posible de públicos posible.

REVISTA ABRIL

Os cabezas de cartel deixan claro esta aposta pola variedade: Bizarrap, Alt-J, Leiva, Maluma, The Kooks, Steve Angello, Alesso, Wolfmother, Eladio Carrión, Tokischa, Trueno, Aitana, Royal Blood, Duki, Vetusta Morla, Kaiser Chiefs, Mora, WOS, Morten, a festa Bresh… Tamén atopamos ao galego Xoel López, un habitual neste tipo de eventos. As reaccións en redes, como é común nestes casos, van desde a felicidade ata a decepción, pasando por un tibio punto medio. Uns sentimento máis pronunciandos entre os miles de compradores fieis que puxeron as súas expectativas en mans dos promotores meses antes de coñecer o cartel.

Maluma durante un concerto | Maluma

Aos xa mencionados súmanse outra chea de artistas do máis diversos: Viva Suecia, Nervo, Marlon, Ginebras, Delaporte, Niña Polaca, Mavica, Dani, Chica Sobresalto, Anaju, Nano, Sila Lua, The Rapants, Babykatze, Flaca, Groove Amigos, Michenlo, Toccororo, Fillas de Cassandra, Alexandre Sam, Galician Army, Chico Blanco, Karras Martínez, Yung Prado, Bárbara Lago, Bastian Bux, Fer BR, Mëstiza y Thom Archi. Entre as representantes viguesas destacan Fillas de Cassandra, dani, Sila Lua e Babykatze, acompañadas doutras bandas galegas como Galician Army ou The Rapants.

Este próximo venres 31 de marzo ás 12:30 poñeranse á venda os últimos abonos dispoñibles para o festival na súa web. Proximamente O Son do Camiño poñerá ao dispor do seu público a venda de entradas de día.