CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Así quedou o palmarés dos 22º Premios Maketón

O pasado xoves 15 tivo lugar na Sala Master a celebración da 22ª edición dos Premios Maketón, que contou coas actuacións de Zalomon Grass e KYOTTO. O evento tamén serviu para dar a coñecer os proxectos gañadores deste ano 2022.

Foto cos gañadores desta edición dos Premios Maketón | Cedida

Os Premios Maketón son os galardóns que recoñecen os mellores proxectos musicais de Vigo e arredores cada ano, unha proposta ideada polo grupo de comunicación Radio Vigo. Sobre as dez da noite do pasado xoves 15 iniciábase o acto de entrega das figuras e a primeira foi para o produtor Monty Prieto de Emeway Estudos.

O galardón ao mellor disco local foi para Maryland polo seu traballo Cataratas del Paraíso publicado por Subterfuge Records. O mellor directo foi para KYOTTO que durante o ano 2022 realizou un dos mellores sets en vivo ao longo e ancho do país. Ademais, tamén foi o encargado de abrir a gala coa súa música. O premio ao mellor disco autoeditado levouno o grupo The Soul Jacket, polo seu KICK Radio, un álbum conceptual aorredor dunha radio estadounidense ficticia. Os virais Broken Peach foron galardoados como mellor videoclip pola peza audiovisual da súa canción ‘Sin piedad’ dirixido por Xabier Jácome e o propio grupo.

CAMELIAS NADAL

Na categoría de traxectoria musical foi Teo Cardalda quen viu recoñecido o seu traballo ao longo de case catro décadas en bandas como Golpes Bajos, Cómplices ou en solitario. O fin de festa púxoo o “rock cósmico” do novo grupo vigués Zalomon Grass, que repasou en directo os temas incluídos no seu último traballo Three Hundred Years e adiantaron novas cancións que se publicarán a comezos de 2023 no que será o seu novo albúm. Coa súa música pechábase unha emocionante gala nunha Sala Masterclub ata a bandeira pola que pasaron máis de 300 persoas.

PALMARÉS

Mellor produtor: Monty Prieto
Mellor directo: KYOTTO
Mellor disco autoeditado: The Soul Jacket
Mellor disco: Maryland
Mellor videoclip: Broken Peach
Traxectoria musical: Teo Cardalda