ASNEVES
REVISTA MAIO

As mulleres volverán a facerse co asfalto do centro da cidade o 3 de xuño

Xa están abertas as inscricións para a Carrera Femenina de Vigo – El Corte Inglés que este ano se celebra o 3 de xuño. O percorrido de 5 Km esta dirixido a tódalas mulleres afeccionadas ao running teñan a idade que teñan. Nesta ocasión, os beneficios destínanse á Asociación Bicos de Papel.

Unha imaxe da Carrera Femenina de Vigo – El Corte Inglés do ano pasado.

As mulleres volverán a facerse co asfalto do centro da cidade o vindeiro domingo 3 de xuño coa Carrera Femenina de Vigo – El Corte Inglés. Nesta proba poden participar tódalas femias afeccionadas ao running, principiantes ou expertas, de calquera idade. Nesta ocasión, os beneficios recadados coas inscricións destinaranse á Asociación Bicos de Papel.

A proba partirá ás 11 da mañá do Corte Inglés e discorrerá por Urzaiz, Colón, García Barbón, Isaac Peral, Areal, Praza de Compostela, García Olloqui, Montero Ríos, Concepción Areal/Edificio da Xunta e a meta estará en As Avenidas. A cota de inscrición é de 6€ para aquelas que e acheguen a andar de deportes do Corte Inglés, as inscricións online terán un prezo de 7€. O prazo de inscrición remata o xoves 31 de maio.