Augusta

As mulleres toman a cidade polo 25N

Desde as diferentes organizacións feministas da cidade están a propoñer actividades esta fin de semana para visibilizar e protestar contra as violencias machistas. Ademais, o domingo ás 12:00 da mañá haberá unha movilización na Farola de Urzáiz.

Ano tras ano as movilizacións no 25 de Novembro, Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller, son cada vez máis numerosas e sonadas, o cal quere dicir que o compromiso e a loita contra esta inxustiza non deixa de medrar. Diferentes organizacións feministas están a organizar actividades de visibilización coa fin de que estes apoios perduren durante todo o ano e non só no 25N.

FCC2023

O venres 23 haberá unha performance e unha manifestación silenciosa organizadas por Feminismo Unitario de Vigo. A performance, titulada ‘Loita feminista contra o terrorismo machista’, terá lugar na Praza da Pedra ás 19:00. Tras o espectáculo, as asistentes realizarán unha manifestación nocturna e silenciosa, de carácter non mixto. Desde a organización pregan a utilización de roupa negra.

A cuarta edición do programa ‘Mulleres en acción. Violencia zero’,comezará o 23 de novembro en Vigo, ás 19.00 h no salón de actos do Marco coa performance “Nosotras” de Nieves Correa. Coa súa peza pretende facer reflexionar sobre o traballo non remunerado das mulleres nas economías desenvolvidas e ata que punto o noso nivel de benestar se sostería sen este traballo.

O sábado 24, no Mercado de Teis ás 11:30, haberá unha acción de rúa máis unha peza de teatro. Ese mesmo día pola tarde, ás 18:00, presentarase na Casa del Libro a obra Feminicidios, de Carmen Adán. Estará acompañada pola dramaturga e actriz Marta Pérez e polo director xeral de Galaxia, Francisco Castro. Ademais, haberá unha actuación musical a cargo de Carolina Vázquez, alumna de 2º da ESO de Igualdade de Xénero no IES Politécnico de Vigo, que interpretará unha canción composta e escrita por ela mesma para denunciar a violencia machista. Por último, o propio 25N ás 12:00 da mañá, haberá unha movilización masiva de mulleres na Farola de Urzáiz para protestar, unha vez máis, en contra das violencias machistas que seguen sen desaparecer da nosa sociedade.

Missing Event Data

Missing Event Data
Missing Event Data

Missing Event Data

X