COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

As bandas tributo invaden o Mar de Vigo

De decembro a abril do ano que vén teremos ni máis nin menos que catro concertos de bandas tributo no Auditorio Mar de Vigo. Desta forma, nas paredes do recinto de Beiramar resoarán os éxitos de The Beatles, Tina Turner, Michael Jackson e ABBA. Podes mercar as entradas para cada actuación desde 30€.

The Mersey Beatles serán os primeiros en subirse ao escenario do Auditorio

De aquí hai uns anos, as bandas tributo multiplícanse de maneira exponencial, dando a sensación de que existen máis grupos homenaxes que orixinais. Nesta dinámica atópase o principal auditorio da cidade, o Mar de Vigo, que ata abril do 2020 ten programados catro concertos deste tipo de agrupacións musicais.

O primeiro será o 20 de decembro con The Mersey Beatles, que como é de supoñer versionarán os temas do brillante cuarteto de Liverpool. Ostentan o record de ser a banda que máis veces tocou en The Cavern, o mítico local no que deron os seus primeiros pasos musicais Paul, John, George e Ringo. Mesmo máis veces que os verdadeiros The Beatles!

O segundo terá lugar o 14 de febreiro de 2020, onde caeremos namorados da voz de Karin Bello, a encargada de personaificar á gran Tina Turner en Typically Tina. A súa poderosa voz, a súa enorme entrega no escenario e a súa sensualidade conquistaron a millóns de fans que desexan volver vela brillar.

Un mes despois, o 13 de marzo, o rei do pop estará no Auditorio con The Legend King of Pop, o aclamado tributo a Michael Jackson que pretende emcionar ao público grazas ás increíbles voces en directo, acompañados dunha complexa coreografía e inesquecibles efectos especiais.

SONRIAS

Por último, Mamma Mia! traerá de volta a ABBA, unha da bandas de pop máis grandes da historia. Este espectacular show logra captar a esencia e o estilo tan característico do grupo sueco a través de traxes extravagantes, unha posta en escena exuberante, voces cegadoras e harmonías frescas.