JORGE PARDO

Aphonnic, Teatro Gorrilla e Lúa Mosquetera esta fin de semana en Vigo

A primavera chega cos últimos actos do 8M e os primeiros da festa da Reconquista, música, teatro e humor. Para máis información, preme nos títulos e, se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana en Vigo, entra na axenda de A Movida.

Aphonnic no festival Latitudes | Foto: Pablo Vázquez

‘GODSPELL, EL MUSICAL’ – Xoves, venres e sábado en diferentes horarios no Auditorio Teatro Afundación – Desde 34,65 €

Un clásico do teatro musical dos anos 70 nomeado aos Tony e transportado á actualidade. Baseada principalmente no Evanxeo de San Mateo e nas súas parábolas, a obra está formada por sketches que tratan a doutrina cristiá desde unha óptica laica e desenfadada.

ORQUESTRA VIGO 430 – Xoves e venres ás 20:00h en varias localizacións – Desde 9,00 €

A orquestra viguesa dá á benvida á primavera con dous concertos protagonizados por intérpretes de gran prestixio internacional. O primeiro programa ofrecerá no salón regio de ‘A Sede’ unha viaxe a través do tempo e do xénero cuartetístico da man da prometedora formación Cuarteto Talos. O segundo, na Auditorio Martín Códax, brindará ‘Os son do corazón do romanticismo’ coa oportunidade única de escoitar un excepcional violín Stradivarius baixo o virtuosismo da artista Sonoko Miriam Welde e o director José Luis López Antón.

CONCERTO DE SHEILA PATRICIA – Venres ás 22:00h na Sala Rebullón – Desde 10,00 €

A Rebullón acolle a estrea de Laboratorio sonoro, o novo espectáculo de Sheila Patricia. O regreso da artista aos escenarios cunha proposta renovada que promete sorprender ao público coa súa mestura única de folk, fado, jazz e ritmos contemporáneos.

CONCERTO DE APHONNIC – Venres e sábado ás 22:30h na Sala Master Club – Desde 15,00 €

A banda viguesa de nu metal Aphonnic está apresentando o seu sétimo disco, titulado Crema, publicado o 9 de febreiro xunto a Maldito Records.

COMEZO DA RECONQUISTA – Sábado e domingo durante todo o día na Praza do berbés – De balde

Aínda que os días grandes da festa da Reconquista terán lugar do venres 28 ao domingo 30, este sábado 22 arrancan as actividades coa representación da destitución da corporación e o concerto dos Vacalouras. O domingo haberá varios eventos, entre eles a busca do tesouro ás 12:00h e ás 17:00 h (para a que é preciso inscribirse) e un xantar popular ás 14:30h.

MENTES PELIGROSAS – Sábado ás 18:00h e ás 21:00h no Auditorio Mar de Vigo – Desde 35,20 €

Novo show, novos monólogos, novos gags… Mentes Perigosas volve para demostrar que é a mellor festa da risa posible. Ana Morgade, Carolina Iglesias, Henar Álvarez e Lalachus chegan ao Auditorio Mar de Vigo para bailar, cear, beber e facernos rir. Mentes brillantes, talentosas e perigosas que se reúnen unha vez máis para crear unha experiencia única.

FESTIVAL TEATRO GORRILLA – Sábado ás 18:00h en Churruca – Caixa inversa

Tetro Gorrilla é un evento periódico que convirte os bares de Churruca en escenarios de teatro por unha tarde. O festival comeza ás 18:00 h no Tinta Negra; continuan ás 19:00 h na Cantina Candela; ás 20:00 h espéranvos na A Casa de Arriba; ás 21:00 h baixan á Sala Kominsky e ás 22:00 h rematan no Arco da Vella.

CONCERTO DE MJ PÉREZ – Sábado ás 20:00h no MARCO – De balde

O concerto da cantautora galega MJ PEREZ, en formato dúo, pechará o programa de actos que o Concello de Vigo, e o Consello Municipal da Muller, organizan en marzo con motivo do 8M, Día Internacional da Muller.

RECITAL DE LÚA MOSQUETERA – Sábado ás 20:30h no Teatro Salesianos – Desde 12,60 €

Recital de poesía onde “duran máis as presentacións dos poemas que os propios poemas” en palabras da propia Lúa. É un espectáculo que remove por dentro, que leva con sorprendente facilidade da risa ao pranto. Ela recita o seu particular “spoken word”, unha disciplina a medio camiño entre o rap e a poesía oral, mentres Pablo acompáñaa con pezas musicais creadas para cada poema nunha simbiose emocionante.

TEATRO ‘LAS PASCUALAS’ – Sábado ás 20:30h na Sala Ártika – Desde 11,00 €

DEPO

Creado e protagonizado por Florencia Mazzone e Helena Benito, esta proposta teatral combina o grotesco, o clown e o absurdo para ofrecer unha experiencia cómica e reflexiva. É un espectáculo de humor irreverente que explora a amizade, os vínculos e as contradicións da vida cotiá a través da risa e a ironía.