REVISTA ABRIL

Aforra 5€ nos concertos da Fundación Sales utilizando o noso código

Este xoves comeza o ciclo de concertos da Fundación Sales, un dos plans máis apetecibles do verán nun espazo único na cidade. Para que ninguén se quede sen desfrutar destes eventos, ofrecemos un código de desconto de 5€ para a xornada deste xoves, na que actuarán Siricaia, Fillas de Cassandra, Paulo Pascual e Tropical Boy.

REVISTA ABRIL
Siricaia actuando no Festival Sinsal en 2021 | P. Vázquez

Queres aforrar 5€ nos concertos deste xoves 7 de xullo na Fundación Sales? É ben sinxelo. Preme aquí para entrar na páxina de venda de entradas. Selecciona o concerto deste xoves e dalle a “Comprar entradas” e “Finalizar compra”. Abrirase unha nova lapela, e na parte da arriba aparecerá a seguinte mensaxe “¿Tienes un cupón? Haz clic aquí para introducir tu código”. Preme aí e introduce o seguinte código: amovida7dejulio. E xa estaría.

Grazas a este desconto poderás ver en directo aos portugueses Siricaia, unha das bandas que máis sorprendeu na última edición do Festival Sinsal; Fillas de Cassandra, un dúo vigués que mestura modernidade e tradición formado por Sara Faro e MaríaSOA; e Paulo Pascual, multiinstrumentista especialista do theremin, aparello musical soviético que se toca sen necesidade de tocalo.

Podes atopar o resto da programación na seguinte imaxe: