REVISTA ABRIL

Actividades para celebrar o Día dos Museos

O mércores 18, celébrase o Día Dos Museo; para celebralo o MARCO, o Liste e o Museo do Mar abren as súas portas de forma gratuíta e organizan diferentes actividades durante toda a xornada.

MUSEO MARCO

MARATÓN DE LINGUAS!

Mini-sesións de clases en 11 idiomas con profesorado da EOI

Organiza: EOI Escola Oficial de Idiomas de Vigo, en colaboración co MARCO

Para público en xeral

Entrada libre ata completar capacidade máxima en cada sesión

Horarios: ao longo de todo o día, de 11.00 a 13.30 e de 17.30 a 20.30

CONCERTO DIM 2022

Percorrido polas obras máis representativas para clarinete solo e dúo do século XX, interpretadas por alumnado de Grao Profesional do CMUS Profesional de Vigo

Organiza: CMUS Profesional de Vigo, en colaboración co MARCO

Para público en xeral

Entrada libre ata completar capacidade máxima en cada espazo

Horario: a partir das 19.45

O concerto está concibido como un percorrido polas salas de exposición de Alfredo Alcain no 1º andar, e finalizará no panóptico da planta baixa cunha peza tan simbólica e cargada de sentido como o Abismo dos paxaros, de O. Messiaen, precisamente no lugar que ocupaba o centro da antiga prisión que foi o edificio do MARCO.

AS LETRAS DO TEU RETRATO

Obradoiro en lingua de signos para público infantil

Conducido por Miriam Aller e Yoli García Rodríguez

Aberto a público infantil en xeral, con ou sen discapacidade auditiva

Organiza: Biblioteca-Centro de documentación do MARCO

Horario: de 17.30 a 18.15 (de 3 a 6 anos) e de 18.15 a 20.00 (de 7 a 12 anos)

Prazas limitadas, necesaria INSCRICIÓN (a partir do venres 13 de maio en Taquilla MARCO)

Tel. 986 113900 (extensión 100)

recepcion.marco@gmail.com

Horario taquilla: de martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 (domingos de 11.00 a 14.30)

VISITAS ÁS EXPOSICIÓNS DO MARCO

Visitas guiadas ás exposicións de Alfredo AlcainFrancisco Leiro, e Idoia Montón, na compaña de persoal de salas

Para público en xeral

Entrada libre ata completar capacidade máxima en cada visita

Mércores 18 de maio

MARCO, salas de exposición do 1º andar e da planta baixa

Horarios: ás 12.00 e ás 18.00

MUSEO LISTE

Actividades sen inscrición previa, ata completar aforo.

10:00 h – O MUSEO, UNHA APRENDIZAXE PERMANENTE: Visita concertada: Guía especial para alumnas e alumnos do Colexio Salesianos.

11:30 h – PAPEL DOS MUSEOS E CAPACIDADE DE TRANSFORMACIÓN CULTURAL E SOCIAL: Visita guiada especial.

17:00 h – O PODER DA INNOVACIÓN: Percorrido guiado pola exposición temporal “Ancestros tecnolóxicos”.

REVISTA ABRIL

Desde as 11:00 h. ata as 19:00 h – Estará na finca que circunda o Museo o FURGOLIBRO DA TÍA NI con libros en galego, de segunda man e descatalogados.

MUSEO DO MAR

Xornada de portas abertas durante todo o horario de apertura (de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00) Todas as persoas que nos visiten durante esta xornada poderán entrar a visitar as nosas instalacións gratis.