REVISTA ABRIL

Abre o prazo para o Bono Turístico #QuedamosenGalicia

A Xunta de Galicia destinará 7 millóns de euros a reactivar e promover o turismo interno cunha nova convocatoria do Bono Turístico #QuedamosenGalicia. Xa hai 700 establecementos participando neste programa do que poden beneficiarse todas as persoas maiores de 18 anos empadronadas en Galicia.

A Xunta de Galicia, xunto ao Clúster Turismo de Galicia, crearon en 2020 o Bono #QuedamosenGalicia co propósito de reactivar o turismo na comunidade tras a pandemia e premiar aos sanitarios. Desde mañá, 14 de abril, exténdese a súa cobertura a toda a población nunha convocatoria que durará ata finais deste ano.

REVISTA ABRIL

O Bono Turístico consiste nunha tarxeta moedeiro coa que se poderán pagar os servizos turísticos dos establecementos adheridos, case 700 polo momento. Existen diferentes tipos de tarxetas en función da súa contía: 250, 375 ou 500 euros, dos cales a Xunta financiará o 60% e o beneficiario aportará o outro 40%.

Para poder beneficiarse do Bono #QuedamosenGalicia hai que ser maior de idade, estar empadroado nalgún concello a comunidade galega e non terse beneficiado do programa na anterior convocatoria. Só se pode optar a unha Tarxeta Turística por persoa.

Desde mañá, 14 de abril, poderá facerse a solicitude da tarxeta a través da sede electrónica da Xunta, indicando a contía da tarxeta desexada. O prazo de solicitude termina o 1 de novembro de 2021 e o saldo das tarxetas estará operativo ata o 15 de decembro de 2021.