REVISTA MARZO

A Semana de Cine Submarino acada a súa 29ª edición

Chega unha nova edición da Semana de Cine Submarino, na que se proxectaran sete traballos audiovisuais que mostrarán a dualidade entre a beleza e as ameazas dos océanos e homenaxearase ao realizador Jorge Candán. Todas as proxeccións, que son de balde ata completar o aforo do teatro, comezarán ás 20.00 horas.

Banner A Movidiña
Fotograma de ‘O retorno’, de Jorge Candán

O festival desenvolverase entre os días 20 e 22 de novembro no Teatro Afundación, onde se proxectarán un total de sete traballos audiovisuais, dos que tres serán analizados polos seus propios autores: Nuno Sá, David Álvarez e Jorge Candán. Precisamente, o realizador galego será homenaxeado o mércores 20 en recoñecemento a súa recente vitoria no Campionato do mundo de vídeo submarino 2019 polo seu traballo O retorno, que se proxectará ese mesmo día.

Dúas proxeccións de National Geographic, que contan coa participación do biólogo español Manu San Félix, Guerreiros dos océanos e Salvemos o noso Mediterraneo, e a participación do investigador da Universidade de Vigo Anxo Mena, completarán o programa do primeiro día. O xoves 21 o protagonismo será para o realizador portugués Nuno Sá, que presentará o seu traballo Mar, a última fronteira: continente, proxectándose ademais o documental da BBC da serie Planeta Azul II: o océano. O derradeiro día o público poderá disfrutar con outro documental de Nuno Sá, Azores I, da serie Mar, a última fronteira e tamén coa proxección de O ocaso do rei, dirixido polo doutor en bioloxía da Universidad de Oviedo David Álvarez, que será o derradeiro invitado da Semana de Cine Submarino.

En O retorno, Jorge Candán viaxa no tempo para amosar un mundo no que os humanos xa non poden vivir nun planeta ermo e demasiado contaminado e é desde ese mundo imposible de habitar, onde Candán amosa a beleza dos ecosistemas que habitan as profundidades. Con este traballo, o realizador galego gañou o Campionato do mundo de vídeo submarino 2019, motivo polo que será homenaxeado, ademais polo de polo conxunto da súa carreira.

(GMT+01:00) Teatro Afundación