UVIGO
FILLOAS

A revista de maio: Galego a diario

Que tal desde agora? Este é o título do artigo central da nosa revista de maio, dedicado ao neofalantismo, unha corrente tan necesaria para o mantemento e evolución das linguas minoradas, como é o caso do galego. Excusas para non falalo hai moitas, pero variedade e calidade de contidos no noso idioma hai máis. Quen si que leva toda unha vida dedicada á nosa lingua é Xosé González Martínez, o noso Vigués do Mes. Axitador cultural e político, conta con décadas de experiencia na loita por upar o galego ao lugar que merece. Ese espíritu combativo tamén podemos atopalo na sección de tendencias con Acontravento, unha marca de roupa ecolóxica e con afouteza.

Coñeceremos o Vigo de Xela Arias da man de Manuel Bragado, os mellores restaurantes de comida venezolana da cidade (recomendamos ler o artigo co estómago cheo) ou o mural de Pow One dedicado a O Marisquiño. Tamén continuamos coas nosas seccións de recente creación como Somos Ciencia, da man do CinBio (Centro de Investigacións Biomédicas), e A Movidiña, o espazo para o máis pequenos e pequenas. Por último, e non menos importante, inauguramos outra sección: o Relato compartido. Cada mes, un destacado autor ou autora local continuará a historia creada polo seu antecesor. Neste caso, a encargada de abrir a latra é Ledicia Costas, cun relato localizado en Vigo, no que o Edificio Simeón adquire unha grande importancia.

CAMELIAS NADAL

Se non queredes agardar a botarlle unha ollada xa podedes descargar a revista interactiva nesta ligazón. Se preferides o formato físico, podedes pasar a recollela nos nosos puntos de distribución habituais (é gratuíta). E se vos gusta tanto que preferides recibila cada mes na casa, e ao tempo axudarnos a que o proxecto medre, podedes subscribirvos. Máis info e instrucións premendo nesta ligazón.