VIALIA
PLAYDOC

A Movida e Meiga-I poñen a proba os coñecementos sobre cultura LGBT+ da cidadanía viguesa

A Movida en colaboración coa drag folclórica galega Meiga-I saen a rúa para ver canto coñecen os vigueses sobre cultura LGBT+ galega. O resultado en formato vídeo xa se pode ver na conta de Instagram @amovidavigo.

REVISTA ABRIL

Meiga-i é unha personaxe artística resultado da mistura da tradición galega coa linguaxe drag, territorio, diversidade e fantasía son os camiños que transita. A persoa detrás da máscara é o vigués Javi Sánchez, artista e dinamizador cultural no ámbito LGBT+. Meiga-i vive e empodérase a través do folclore galego e da música tradicional para crear unha fantasía galega representativa e optimista co fin de artellar rumbos posibles de cambio. 

A dinámica Saber e cantar é unha das súas liñas de traballo. Un xogo de preguntas, un desafío de coplas picantes, un percorrido pola memoria LGBT+ galega que xa presentou por diversos lugares da xeografía, incluído Vigo. Neste formato, divulga a investigación sobre historia da diversidade en Galicia, procura a representación e represión da disidencia de xénero no pasado e abre a reflexión sobre os prexuízos cara ao pasado e cara ao territorio, cuestionando a metronormatividade. Mediante o cantar, toma e comparte do cancioneiro popular coplas que demostran, ben explícita ou implicitamente, que a sexualidade de todo tipo estivo sempre presente na sociedade galega.

A alterego de Sánchez prercorreu a rúa do Príncipe e as terrazas de Irmandiños preguntando en que cidade galega se celebrou a primeira manifestación do orgullo de Galicia en 1981, quen foron Elisa e Marcela ou cal é o nome da compañía de teatro travesti viguesa única en Galicia. Coñeciades as respostas?