REVISTA ABRIL

A Movida chega a Whatsapp

Queres ser o primeiro en enterarte daqueles eventos que te interesan e teñen lugar en Vigo?
Subscríbete ao noso servizo de whatsapp personalizado e GRATUÍTO!

No noso afán de poñerte as cousas doadas lanzamos un servizo de whatsapp que te permitirá enterarte daqueles eventos que teñen lugar na nosa cidade e te interesan antes que ninguén. Non é un grupo de whatsapp polo que ninguén máis que nós terá acceso ao teu número de teléfono, nin recibirás mensaxes de ningunha outra persoa. Tampouco ateigaremos o teu móbil con miles de whatsapps. Recibirás como máximo tres mensaxes ao día e só sobre aqueles eventos que te interesan.
Cada mañá recibirás unha mensaxe resume co que hai para facer na nosa cidade. E ademais enviarémosche información sobre aqueles eventos que vaian ter lugar en Vigo e sexan do teu interese. Só tes que cubrir este sinxelo formulario facendo click aquí e indicando sobre que tipo de eventos queres recibir información e na maior brevidade posible darémosche de alta no servizo.

E se te das de alta pero o noso servizo de whatsapp non te convence, podes darte de baixa facilmente. Só tes que enviar un email a whatsapp@amovida.gal coa palabra BAIXA e o teu número de teléfono.