REVISTA ABRIL

A icónica rapeira Lauryn Hill ofrecerá en Castrelos o seu único concerto propio en España

O mércores 17 a partir das 22:30h a cantante desplegará a súa mistura de hip hop, soul e reggae no auditorio de Castrelos dúas décadas despois da publicación do seu único álbum, The Miseducation of Lauryn Hill, que a converteu nun icono do rap e a loita racial e feminista en Norteamérica. O de Vigo será o seu único concerto propio en España este ano, é dicir, fora de festivais. Ademais, tamén será a súa primeira visita a Galicia, polo que a expectación é máxima.

Lauryn Hill durante un concerto en 2015

Nada en New Jersey no 1975, Lauryn Hill creceu rodeada de música e empezou a cantar desde moi nova. Con 13 anos xa recibía ovacións no Apollo Theater de Nova York, pero foi na universidade cando creou xunto aos rapeiros Pras Michael e Wiclef Jean o grupo The Fugees, cos que rapidamente conseguiu o éxito, chegando a vender máis de seis millóns de discos só en Estados Unidos. O nome do grupo facía referencia ao termo refugees, refuxiados en inglés, xa que os tres membros eran afrodescendentes e a loita social e racial vertreba as súas composicións.

REVISTA ABRIL

O grupo separouse no 1997 e un ano despois Ms. Lauryn Hill publicou o seu álbum debut e único traballo de estudo: The Miseducation of Lauryn Hill. A súa fuxida en solitario converteuna na primeira artista de hip hop en gañar o Grammy a Álbum do ano e en ser a primeira muller en levar a casa cinco galardóns. A voz decidida e as letras comprometidas de Lauryn Hill marcaron a toda unha xeración. Ela foi pioneira no seu estilo musical, unha mestura das músicas negras en Estados Unidos: rap, soul e reggae, e en abandeirar sobre os escenarios a defensa dos dereitos humanos, alén das consideracións raciais e de xénero.

Lauryn Hill puxo a semente para que moitas outras mulleres negras se subiran con éxito aos escenarios e segue estando na lista das afrodescendentes máis infuíntes do país americano a pesar de que hai xa unha década que se afastou do foco mediático, deixando de conceder entrevistas e ausentándose de actos públicos. É o seu xeito de revelarse contra unha industria musical que considera opresora da súa liberdade artística e pouco sensible co papel das mulleres sobre os escenarios. Dedica o seu tempo á escritura de guións e obras de teatro e á xestión da súa fundación, MLH Foundation, desde a que sufraga campamentos de refuxiados en Kenia e Uganda.

A súa actuación en Vigo, á que o Concello destina un total de 330.000 €, esperta por igual paixón e desconfianza. Nos últimos tempos, a rapeira fíxose famosa por sabotear os seus propios concertos a golpe de demoras e os retrasos son xa, lamentablemente, parte do seu espectáculo. O último retraso sucedeu a pasada semana no festival madrileño Mad Cool, onde Hill saiu ao escenario máis de trinta minutos tarde. Pouco, se o comparamos cas case tres horas que fixo esperar aos seus fans en Londres hai cinco anos. Compénsao cas inmortais notas de Misesducation, que continúan atraendo a miles de nostálxicos co paso das décadas a un show que, musicalmente, segue complacendo ao público.

(GMT+01:00) Parque Castrelos