REVISTA ABRIL

A festa da Brincadeira celebrarase en maio co paseo de Bouzas xa rematado

Hoxe presentouse a XVIII edición da Brincadeira de Bouzas que celebrará a expulsión do exército francés a fin de semana do 13 e 14 de maio. O alcalde, Abel Caballero, asegurou que as obras do paseo estarán rematadas para a celebración.

REVISTA ABRIL

No cartel deste ano, a Asociación de Amigos da Historia de Bouzas, organizadores da Brincadeira, homenaxean a aquelas persoas que traballaron para iniciar esta festividade que agora cumpre dezaoito anos. Na imaxe que acompaña ao cartel, vese un grupo de persoas nunha das primeiras eidicións desta que festa que, co tempo, foi gañando en popularidade. Neste 2023 a Brincadeira celebrarase a fin de semana do 13 e 14 de maio e agárdase a participación de 120 postos de artesanía e comida.

A representación teatral na que se emula como o pobo de Bouzas expulsou ao exército francés terá lugar o sábado 13 pola tarde na Alameda. Como novidade, este ano organízase o I concurso de traxes de época da Brincadeira co obxectivo de animar á cidadanía a vestirse como en 1809 e poñerse na pel dos protagonistas: Aurora e Josefa Reis, irmás encargadas da vixilancia no atrio de Bouzas; Caetano Parada Pérez de Limia, alcalde de Bouzas e a súa esposa, Xoaquina Nogueira; Vázquez Varela, alcalde de Vigo; Xosé Mouriño, párroco da Vila ou os milicianos que participaron na loita. Os organizadores tamén explicaron que este ano a festa será máis exclusiva coa participación de intérpretes de signos nos actos nos que sexa posible. Ademais haberá unha veciña relatando a historia da Brincadeira e de Bouzas, xunto con tódolos artesáns de oficio para dar a conocer la artesanía galega.

O 1 de marzo publicaranse na web www.amigosdebouzas.com as bases para partipar no mercado medieval e no concurso de traxes da época. Durante a presentación, o alcalde Abel Cabellero, asegurou que as obras do paseo estarán rematadas para a celebración da Brincadeira.