REVISTA ABRIL

A Escola de Letras anuncia seis obradoiros e abre o prazo de matrícula este martes

A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, a primeira posta en marcha en Galicia, comezará a escribir a súa terceira edición a partir do vindeiro 8 de febreiro. Neste 2022 serán de novo seis obradoiros, cun total de 90 prazas os que se oferten ao público de xeito gratuíto.

Nada en plena pandemia a Escola de Letras posta en marcha pola Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, conta con moi boa aceptación entre o público interesado en mellorar as súas habilidades como novelista ou poeta. Nas pasadas dúas edicións o programa esgotou as prazas ofertadas en poucas horas e este ano esperan repetir o mesmo éxito. Igual que en 2021, a Escola de Letras ofertará tres obradoiros en Vigo e os mesmos tres en Pontevedra, cunha capacidade de 15 alumnos cada un.

Un dos factores da boa acollida da Escola é o claustro de profesores, composto por plumas de renome como Inma López Silva, Elvira Ribeiro, Anna Figueiredo,Diego Giráldez e Antonio García Teijeiro, baixo a dirección de Francisco Castro, responsable da Editorial Galaxia.

O prazo de inscrición para os primeiros dous obradoiros, con Inma López Silva en Vigo e en Pontevedra, comezará este martes 18 de xaneiro ás 8h, mentres que a matrícula para os sucesivos cursos abrirase un mes antes de que dean comezo. Para formalizar a matrícula hai que enviar un correo electrónico a escoladeletras@editorialgalaxia.gal, indicando nome completo, correo electrónico e número de teléfono. Ademais é importante sinalar tanto no asunto como no corpo do correoo docente e o obradoiro no que se quere matricular, por orde de preferencia. Cada persoa poderá anotarse nun máximo de dous cursos e asignaranse por rigurosa orde de chegada das solicitudes.

Poderá participar calquera persoa interesada de 16 anos ou máis, xa que non é preciso que o alumnado teña coñecementos previos e o material proporcionarallo a propia escola.

Calendario de obradoiros:

Todos serán de 18 a 20h agás o de Anna Figueiredo, de 19 a 21h

OBRADOIRO LITERARIO CON INMA LÓPEZ SILVA EN VIGO
Días: 8, 15 e 22 de febreiro; 8, 15 e 22 de marzo; 5 e 19 de abril

OBRADOIRO LITERARIO CON INMA LÓPEZ SILVA EN PONTEVEDRA
Días: 10, 17 e 24 de febreiro; 3, 10, 17, 24 e 31 de marzo

OBRADOIRO DE POESÍA CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO EN VIGO
Días: 26 e 27 de abril

REVISTA ABRIL

OBRADOIRO LITERARIO CON ANNA FIGUEIREDO EN PONTEVEDRA: ESCRIBIR. XXÉNEROS, TÉCNICAS, TEMÁTICAS…
Días: 19 e26 de setembro; 3, 10, 17 e 24 de outubro; 7 e 14 de noviembro

OBRADOIRO LITERARIO CON DIEGO GIRÁLDEZ EN VIGO
Días: 13, 20 e 27 de setembro; 4 e 11 de outubro

OBRADOIRO DE POESÍA CON ELVIRA RIBEIRO EN PONTEVEDRA
Días: 18 e 25 de outubro