CAMELIAS MASCOTAS

A cultura, o ensino e a saúde, piares dos premios Vigueses Distinguidos

Onte a noite tivo lugar a entrega de premios aos Vigueses Distinguidos deste 2019, que foron aos médicos dimisionarios, ao pintor Diego Giráldez, ao director da Coral Casablanca Óscar Villar, Radio Taxi, tres asociacións culturais e trece colexios locais.

Foto de familia dos premiados.

A velada comezou coa actuación do cuarteto da Ensemble Vigo430 que deu paso a primeira intervención da noite: a lectura do Bando da Reconquista. A cargo de María Consuelo Domínguez, viguesa e primeira muller directora de GKN Vigo. Tras un discurso no que apelou á cooperación e a unión baixo a premisa dos nosos héroes da Reconquista, deu comezo a entrega de premios.

A elección dos Vigueses Distinguidos deste ano non estivo exenta de polémica, especialmente na designación dos médicos dimisionarios, que acordaron aceptar o galardón se non había ningunha oposición política. A pesar de que si que a houbo por parte do Partido Popular, finalmente os xefes dimisionarios dos centros de saúde locais recolleron onte a noite o recoñecemento oficial e a ovación do público que se levantou e deulles un longo aplauso.

Óscar Villar, o director da coral máis famosa da cidade e de Galicia, tamén recolleu o seu galardón, o cal recoñece unha vida ligada á música, especialmente á local. Onte recibiu o premio que no 1998 recibira a Coral que dirixe. Os taxistas da Central Radio Taxi foron galardoados como Vigueses Distinguidos recoñecéndolles a súa colaboración no accidente do Marisquiño ou levando a persoas maiores de forma gratuita a ver as luces do Nadal.

As tres Asociacións Culturais premiadas foron a Banda de Gaitas Xarabal, a cal interrumpiu no patio de butacas ao son da muiñeira, polos 35 anos traballando polo folclore. Recoñecemento que tamén levou a Asociación Emilio Crespo de Navia e a Asociación veciñal Festas da Consolación, pola súa labor cultural e coa veciñanza ao longo da súa traxectoria.

REVISTA NOVEMBRO

O mundo das artes non quedou exento deste premio. O pintor Diego de Giráldez foi nomeado Vigués Distinguido por espallar os seus traballos por toda Europa poñendo a Vigo por diante. Tal e como o fixo na súa mensaxe de agradecemento no que sacou un “Viva Vigo” a todos os asistentes.

Pero sen dúbida algunha, os galardoados que máis fixéronse ver, fóron os represetantes dos trece centros de ensino entre os que destacan o CEIP Virxe do Rocio, o CEIP Pombal, o CEIP Coutada Beade, o Colexio Alba ou o Colexio Atlántida por sobrepasar os 50, e inclusive 70 anos, de traballo a prol dunha educación de calidade.

Pouco máis dunha hora despois, Abel Caballero fixo entrega da Medalla da Cidade ao Consorcio da Zona Franca que recolleu David Regades. Tralo seu discurso de agradecemento deu paso ao alcalde que quixo destacar a labor dos premiados e o ben que fixeron pola nosa cidade, despediuse ata o ano invitando a todos a gozar dunha fin se semana festiva.