UVIGO
FILLOAS

A cultura mobilízase para que o confinamento sexa menos duro

Sen dúbida un dos sectores máis prexudicados pola crise xerada a partir do Coronavirus é o da cultura. Miles de eventos culturais teñen sido cancelados e os artistas ao igual que o resto de cidadáns están en confinamento. Pero ante as adversidades nacen movementos, desde a propia cultura, para facer este encerro máis levadeiro. Facemos un repaso.

Najla Shami, Rozalén, High Paw ou Davide Salvado son algúns dos artistas que deron concertos na súa casa.

A cultura está respondendo con imaxinación e creatividade ante a crise xerada polo COVID19. Son moitos os artistas que a través das redes sociais están creando diferentes iniciativas para levar o confinamento da mellor maneira posible. Tamén museos, bibliotecas únense ao cancelo #Euquedonacasa e comparten os seus recursos con todos os usuarios.

Ciclo Músicas de Sofá

O ciclo de Músicas de Sofá consciente de que non é posible adiantar esta situación sen cultura, lanzou a través das redes sociais a posibilidade de asistir durante estes días de corentena a diferentes espectáculos en vivo a través das súas redes sociais. Esta fin de semana puidemos gozar de High Paw, Davide Salgado ou Najla Shami. Non serán as únicas, pero hai que estar atentos as súas redes para ir coñecendo as novas actuacións, aquí as ligazóns ao Facebook e o Instagram.

#Yomequedoencasafestival

A nivel estatal organizouse esta pasada fin de semana o #Yomequedoencasafestival no que participaron artistas como: Rozalén, Alfred García, Andrés Suárez ou David Otero. A vindeira fin de semana repetirase o formato pero con outros artistas que irán anunciando nas súas redes.

Teatro e ópera

Teatroteca é unha plataforma creada polo Centro de Documentación Teatral (CDT), do Ministerio de Cultura. A través dela podemos acceder a 1.500 gravacións de espectáculos, que van desde a primeira representación da historia do Centro Dramático Nacional en 1978 ata as estreas máis recentes.

10 anos de Novo cinema galego

A plataforma Novo Cinema Galego cumpre dez anos e para facer máis levadeiro o recrutamento na casa pon a disposición de tódolos usuarios un ciclo de cinema no que atopamos títulos de Óliver Laxe, Xisela Franco, Sacio Baño ou Lois Patiño. Unha moi boa oportunidade para achegarnos as propostas destes e moitos outros cineastas galegos.

Bibliotecas dixitais

A lectura vai ser unha das grandes aliadas durante este período. Sen movernos da casa podemos acceder a numerosos títulos grazas a bibliotecas que ofrecen os seus recursos online. Estas son: Europeana, Hispana, Galiciana, Patrimonio bibliográfico, Gallica, Biblioteca internacional para niños, Intenet archive, The Morgan Library, The British Library, Biblioteca Digital Mundial, Bliblioteca Universidad Complutense de Madrid.

Museos

Desde o sofá da nosa casa tamén podemos visitar algunhas das coleccións de arte máis importantes de Europa. Son moi coñecidos os vídeos en directo que o Museo do Prado leva tempo a facer nas súas redes sociais, pero se antes a duración destes vídeos era de 10 minutos agora chegan a unha hora de duración. Ademais os postean por se non temos posibilidade de seguilos en vivo. Outros museos que podemos percorrer dixitalmente son: Pinacoteca di Brera (Milano), Galleria degli Uffizi (Firenze), Musei Vaticani (Roma), Museo Archeologico (Atene), Louvre (París), British Museum (Londres), Metropolitan Museum (Nova York), Hermitage (San Petesburgo), National Gallery of art (Washington).

Tamén hai iniciativas a nivel persoal. A través do Instragram coñecíamos a proposta de Dani Martínez e Florentino Fernández Flo, que encarnarán o show ‘Tú en tu casa, yo en la mía’, do que poderemos gozar o martes 17 e o xoves 19 a través dos directos en Instagram destes dous artistas.

CAMELIAS NADAL

Este é un pequeno recopilatorio, pero as propostas non deixan de nacer e multiplicarse. As redes sociais son unha boa vía para que aillados poidamos estar conectados e continuar a compartir momentos e propostas culturais.