A Brincadeira, Play-Doc e Grande Amore esta fin de semana en Vigo e arredores
Vigo e arredores ofrecen para estos días unha morea de actividades, desde un festival internacional de cine, pasando pola festa tradiconal de Bouzas ata chegar a nosa propia versión da feira de abril. Para máis información, preme nos títulos e, se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana en Vigo, entra na axenda de A Movida.

O festival de cine documental e non ficción internacional Play-Doc celebra a súa 21ª edición do 7 ao 11 de maio en Tui. O programa contén unha ampla variedade de actividades como proxeccións a concurso, retrospectivas de cineastas, concertos, percorridos cinematográficos, xornadas formativas e filmes musicalizados en directo. Nesta edición, o festival anuncia tres retrospectivas adicadas aos estadounidenses Elaine May, Monte Hellman e Michael Roemer, figuras icónicas do novo cinema estadounidense das décadas de 1960 e 1970.
FESTA DA BRINCADEIRA – De venres a domingo en Bouzas – De balde
A Brincadeira é unha festa que honra ás persoas de Bouzas que participaron na expulsión dos franceses do ano 1809. Este ano, a programación inclúe numerosas actuacións musicais, que terán lugar ao longo de toda a fin de semana en dous escenarios: un ubicado no palco e outro no paseo. Ademais, cada día haberá diferentes pasarrúas e talleres. Entre eles, destacan o taller de cantería para nenos, a demostración de oficios artesanais e o tallador de vidro. Ademais a cativada tamén poderá desfrutar de antigas atraccións infantís e talleres de globoflexia e pintacaras.

#YOSOSTENIDO DE VICTOR ELIAS – Venres ás 21:00 horas no Cine Teatro Salesianos – Desde 17,00 €
Víctor Elías conta a súa vida, pero desde logo non é unha vida calquera. O que foi un dos protagonistas da serie Los Serrano, sobe ao escenario a modo de traxicomedia para desengranar distintas etapas da súa vida, da nenez á trintena. En clave de traxicomedia e acompañado do seu piano, o actor e músico cóntanos en #Yosostenido a súa vida. Pero ollo, esta non é unha obra só sobre a súa vida. Esta montaxe trata dos prexuízos, trata do medo e da valentía que hai que ter para superalos. Trata de aprender a rirse dun mesmo e da imaxe que se proxecta de nós. Trata de sosterse e de que che sosteñan.
A excelente voz e capacidade artística do cantaor flamenco Miguel Poveda interpretará os versos inesquecibles do Poema del cante jondo de Federico García Lorca. Acompañado do gran guitarrista de San Fernando Jesús Guerrero, Poveda mergullarase durante o concerto na esencia lírica de Lorca, dándolle vida ás palabras do poeta a través da súa inconfundible voz e volvendo á esencia máis pura e espida do flamenco. Esta fusión da poesía lorquiana máis telúrica e flamenca, xunto coa expresividade do cante e a guitarra destes dous artistas, crea unha experiencia única onde a intensidade emocional do cante jondo entrelázase coas profundas reflexións de Lorca.
CONCERTO GRANDE AMORE + MARIAGREP – Venres ás 21:30 horas en La Fábrica de Chocolate – Desde 15,00 €
O artista do Valadouro Grande Amore xoga co pop, o rock and roll e o techno dos oitenta baixo a premisa de non deixar de parecerse nunca a todas esas persoas que lle cantaban á festa e ao amor moito antes de que el nacese. Non é o artista que mellor canta, non é o que mellor toca, non é o que mellor baila… pero desde logo si é o máis ruidoso. Comparte escenario coa artista Mariagrep.
ROMARÍA DA REBULLÓN – Sábado ás 12:00 horas na Sala Rebullón – Desde 6,00 €
A Sala Rebullón conmemora o seu oitavo aniversario cun día completo para gozar da música en directo, boa comida e moito baile, como agradecemento polo apoio do público ao longo destes anos. A xornada comeza cunha potente sesión vermú de man de Rusty Bones, banda viguesa que nos transporta ao salvaxe oeste con sons de raíz, folclore e rock americano. Un arranque con forza para ir collendo ritmo desde ben cedo. Despois do primeiro concerto, haberá un xantar popular de churrasco para recargar enerxías. Pola tarde será a quenda de Leria e Jay & The Smoking Machines, que despois lle cederán o escenario a Zavala e Ruxe Ruxe.

FEIRA FLAMENCA – Sábado de 17:30 a 19:00 horas no Centro Comercial Camelias – De balde
Coincidindo coa Feira de Abril de Sevilla, o Centro Comercial Camelias acolle a Feira Flamenca, unha tarde dedicada á arte flamenca. Da man da Escuela de Flamenco de María Rial, a Planta Alta do centro convértese nun escenario de cor, música e tradición. Ao longo da xornada haberá bailes por rumbas e sevillanas, a cargo do alumnado da escola. Quenes deseen sumarse, poderán participar no posterior taller de iniciación ás sevillanas, pensado tanto para os que o proben por primeira vez como para os que queran perfeccionar os seus movementos. Finalmente, a feira culminará cun espectáculo de danza flamenca, no que a arte, o compás e o zapateado serán os protagonistas.
TODOS SOMOS NENOS CON XULIO MERINO – Sábado ás 18:00 horas en Magia en la Manga – Desde 8,00 €
Magia en la Manga acolle o espectáculo do mago Xulio Merino, un evento que busca achegar a maxia no seu estado máis puro tanto a nenos como a adultos. Os asistentes poderán xogar ata atoparse con innumerables sorpresas máxicas e situacións disparatadas. Un achegamento absurdo e xoguetón a algúns clásicos da maxia, onde tamén se poderán gozar doutras moitas creacións orixinais. Todo o que acontece é fresco, o público participa como creador do espectáculo dando lugar a situacións únicas en cada representación.
POÉTICAS DIVERSAS – Sábado ás 19:00 horas na Fundación Sales – 10,00 €
A Fundación Sales acolle o concerto Poéticas diversas, corpo a corpo coa palabra, a música e a danza. Un evento que conta coa presenza de numeroras artistas –na súa maioría mulleres– entre as que podemos atopar a Isabel Moure, a Maite Castro, a María Alonso e a María Luisa Abad, entre moitas outras. Todas estas artistas teñen un denominador en común, posto que cada unha delas mantén unha estreita relación co mundo da poesía e da música en xeral.
CONCERTO ANTIFRÁGIL – Sábado ás 21:00 horas en Radar Estudios – Desde 9,00 €
Antifrágil é unha banda viguesa que bebe do rock alternativo dos anos 90, o grunge, a psicodelia e o pop de autor, que cunha posta en escena emocional e intensa. Este grupo consolidouse como unha das propostas máis honestas e sólidas do panorama emerxente galego. O seu directo destaca polo uso de dinámicas, texturas e colaboracións que reforzan a súa mensaxe. Ao longo da noite, o grupo contará coa colaboración de diferentes artistas: David Mr. D (Moon Cresta), Eladio Santos, Treintañeras Cañeras, Anxo (La Casa de los Ingleses), Adrián Timms, Gael (Inerttes) e Rosalía (Nao d’Ire). Contarán tamén co artista Marcos Míguez Puhinger, que pintará en directo durante o evento.