REVISTA ABRIL

A asociación Galicia Fiddle e o renacer do violín folk

Fiddle Galicia é unha asociación cultural sen ánimo de lucro asentada en Vigo, que ten por obxecto promover o emprego dos instrumentos de corda dun xeito alternativo. Esta fin de semana organizan unha serie de actividades en Pontecaldelas e a finais de xuño levarán a cabo o Encordass e o San Simón Fiddle.

Todos os participantes da última edición do San Simón Fiddle | Galicia Fiddle

A Asociación Cultural Galicia Fiddle é unha organización sen ánimo de lucro que xorde no ano 2010 na comarca de Vigo ao carón da aula de violín da ETRAD (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo), por iniciativa do seu mestre, Alfonso Franco, servindo de acugulador daqueles violinistas interesados na música folk e tradicional. A principal actividade da asociación é a organización de concertos, cursos e clases maxistrais cos mellores mestres de fiddle (violín folk).

Esta fin de semana organizan en Xustáns (Pontecaldelas) unhas xornadas de clases maxistrais para fiddle e guitarra acústica, niveis iniciación e avanzados, da man dos integrantes do grupo Atlantic Folk Trío.  Tras as clases dirixidas a público experimentado, será o concerto do Atlantic Folk Trío. O domingo o obradoiro para fiddle e guitarra acústica, está dirixido aos máis novos e rematará cunha merenda-concerto para as familias e acompañantes.

REVISTA ABRIL

O evento polo que son máis recoñecidos é o San Simón Fiddle, que este ano terá lugar entre o 30 de xuño e o 7 de xullo na Illa de San Simón, como vén sendo habitual. O SSFC é un curso de música especialmente destinado a nenos e nenas entre 7 e 18 anos, onde se combinan actividades musicais con outras de lecer e tempo libre. O curso está destinado a aqueles alumnos que teñan como mínimo un ano de coñecemento do instrumento, aínda que este ano abrirase un grupo destinado a principiantes no que non será imprescindible ter coñecemento algún deste instrumento.

No mesmo lugar, pero uns días antes (do 28 ao 30 de xullo) terá lugar o Encordass, unha experiencia única construída desde a convivencia e o intercambio cultural, que este ano ten como protagonista á música do leste europeo.

E