Johnny Burgin, ‘Iribarne’ e Roberto Vilar esta fin de semana en Vigo
Esta fin de semana de febreiro conta con diversos espectáculos teatrais, shows de comedia, actividades para nenos e numerosos concertos. Para máis información, preme nos títulos e, se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana en Vigo, entra na axenda de A Movida.

VIGOCULTURA: IRIBARNE – Venres e sábado ás 20:00 h no Auditorio Municipal – 10,00 €
Peza de teatro da compañía viguesa ButacaZero arredor da figura de Manuel Fraga Iribarne. Iribarne é un tipo nado na mesmísima vila de Rouco Varela (si: o cardeal) durante a Monarquía de Alfonso XIII (o primeiro promotor do cinema porno en España?, si-si: ese). Sendo o primeiro e mellor opoñente de España, quixo substituír ao Caudillo cando este morrera. Non puido ser: non ía por oposición. Tivo que conformarse co cargo de Vicerrei na súa querida Terra Galega.
Peza teatral da compañía galega Chévere. Todo comeza ao descubrir unha muller, totalmente descoñecida para nós, chamada Helen Keller. Nacida en Tuscumbia (Alabama), convértese nunha celebridade mundial ao ser, segundo as fontes oficiais, a primeira persoa xordocega en obter un título universitario en 1904 en Harvard, despois dun duro proceso de aprendizaxe desde os oito anos.

ORQUESTRA CLÁSICA DE VIGO: HAYDN – Venres ás 20:30 h no Teatro García Barbón – Desde 14,00 €
A Orquestra Clásica de Vigo continúa celebrando o seu 40 aniversario cun programa musical centrado na figura de F. J. Haydn. Neste programa, a Clásica de Vigo interpretará a Sinfonía núm. 75 en Re maior, Hob. I:88, xunto co Concerto para violoncello e orquestra núm. 1 en Do maior, Hob. VII b:1, que contará coa participación da violonchelista Cristina Nogueira, unha antiga integrante.
MONÓLOGO DE DANI MARTÍNEZ: REMEMBER – Venres e sábado no Mar de Vigo – Desde 20,00 €
Gustaríache viaxar no tempo? Dani Martínez fai unha viaxe no tempo, desde 2050 ao presente, para falar co seu público e contarlles que cousas cambiaron e que cousas non poden esquecer de cara ao futuro. Remember é un show todoterreo que che permite cantar, bailar, improvisar, participar, usar tecnoloxía, verbenear e desfrutar á vez que che sorprende vaias só, con amigos ou en familia.
Entre o 21 e o 23 de febreiro, Swing On celebra o Swing WIC.END unha fin de semana de obradoiros, sesións DJ e sesións vermú. Os obradoiros vanse desenvolver o sábado, pola mañá e a primeira hora da tarde, e o domingo, en sesión vermú. As festas do venres na Sala Kominsky e o sábado en La Fábrica de Chocolate son abertas a todo o mundo así como o vermú do domingo na Caixa de Ritmos.

CONCERTO DE JOHNNY BURGIN + QUIQUE GÓMEZ BAND – Venres ás 22:00 h na Sala Rebullón – Desde 14,00 €
A Sala Rebullón acolle o concerto de de Johnny Burgin, un dos guitarristas de blues máis respectados de Chicago, acompañado pola Quique Gómez Band. Desde que, no ano 2008, se coñeceron no West Side de Chicago, Johnny e Quique gravaron Dos Hombres Wanted. Viztonne (2019) e xiraron xuntos a ambos lados do Atlántico. Nesta ocasión, ofrecerán en Vigo un espectáculo que promete ser unha celebración do blues na súa forma máis pura.
DÍA DE ROSALÍA – Sábado ás 12:00 h no antigo centro de saúde de Teis – De balde
A Asociación Veciñal do barrio de Teis organiza un acto en homenaxe á figura de Rosalía de Castro. Este evento, que terá lugar diante do edificio do antigo centro de saúde, contará cunha actuación do grupo de gaitas da propia Asociación e coa lectura pública dalgúns textos da autora.
TALLER DE MÁSCARAS E CHOCOLATADA – Sábado ás 16:30 h en Ciudad Aventura – Desde 12,00 €
O Centro de Ocio Infantil, Ciudad Aventura, organiza unha xornada moi vinculada ao Entroido. Entre as diversas actividades deste evento, destacan a variedade de xogos para nenos, o taller de máscaras de Entroido e a chocolatada.

MONÓLOGO ROBERTO VILAR: CONTINUEIXON – Sábado ás 20:00 h no Teatro García Barbón – Desde 17,80 €
Despois de Celebreixon chega Continueixon, o novo show de Roberto Vilar para volver xirar polos teatros galegos. Continueixon é unha volta máis a ese show inicial onde as sorpresas e a música foron os protagonistas, sen esquecernos da comedia e do humor tan característico de Vilar. Si foches un dos espectadores de Celebreixon, tes que ver Continueixon pero, si non tiveches a ocasión, qué mellor oportunidade para non perderte este novo espectáculo no que non vas poder parar de rir durante os 90 minutos que dura.
CONCERTO FRANCISCO CASTRO – Sábado ás 20:30 h no Café Uf – 5,00 €
Como cada fin de semana, o Café Uf organiza un concerto. Nesta ocasión, poderase desfrutar de música en directo da man de Francisco Castro, o escritor e editor vigués.