VIALIA
MAGIC LAXE

Monkey Park, diversión salvaxe en Portugal

Monkey Park é un paraíso de aventura en Braga e Esposende, que convida a grandes e pequenos a mergullarse na natureza. Con cabanas nas árbores, circuíto de karting e moitas actividades, estes parques temáticos combina diversión con aprendizaxe, fomentando o traballo en equipo e o respecto polo medio ambiente.

REVISTA NOVEMBRO

Un oasis verde aberto á aventura é o que ofrece Monkey Park, con senllos espazos nos municipios de Braga e Esposende. Estes dous parques da Rexión Norte de Portugal contan con cabanas nas árbores, un circuíto de karting, paredes de escalada, paseos arbóreos, patíns de pedais, tobogáns, trampolíns, xogos educativos e mesmo unha aldea hobbit. O equipo humano destes dous centros lúdicos puxo un empeño especial en deseñar cada elemento para gozar da natureza de xeito seguro, con énfase no uso de materiais orgánicos. As cabanas foron elaboradas con madeira reutilizada e nelas entrelázanse enredadeiras e pontes colgantes. Unha oda á creatividade e á sostibilidade.

Co coñecemento adquirido durante 13 anos dedicados a realizar proxectos de aventura ao longo de Portugal, os impulsores de Monkey Park decidiron abrir estas dúas sucursais que reciben desde pequerrechos de dous anos ata rapaces de 14, con actividades propias para cada idade. Aqueles aventureiros que queiran xogar a investigar teñen a posibilidade de realizar un xogo de escape; traballando en equipo, terán que resolver enigmas e descubrir pistas ocultas a través de diferentes habitacións antes de que se acabe o tempo. Ademais das visitas individuais, ofrécese a posibilidade de celebrar aniversarios nestas instalacións, onde tamén se acollen visitas escolares ou de asociacións, pero sempre baixo reserva. Un parque para brincar como macacos.

Rúa da Fábrica, 70 (Esposende); rúa da Irmá Lúcia, lugar da Formigueira (Braga) | monkeypark.pt | @monkeypark__

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.