VIALIA
REVISTA NOVEMBRO

Heavy Lungs, Pantomima Full e Samaín esta fin de semana en Vigo

Fin de semana longa chea de actividades moi variadas. Os máis pequenos teñen moito onde elixir cunha chea de actividades de Samaín espalladas pola cidade e para os maiores, comedia, música e teatro. Preme no título de cada evento para obter máis información e visita a axenda de A Movida para ver todos os eventos da cidade.

FESTAS DE SAMAÍN – De mércores a domingo en varias ubicacións

Desde a Santa Compaña desfilando polo Casco Vello ata un tour terrorífico polo estadio de Balaídos! Os centros comerciais e asociacións de barrio organizan moitas festas para pasalo de medo este Samaín en Vigo. Podes velas todas aquí.

FESTA DE ANIVERSARIO DA CASA DE ARRIBA – Xoves desde as 20:00h na Casa de Arriba – De balde

A Casa de Arriba fai 25 anos e celébrao con programación especial durante varias semanas. Este xoves celebran unha festa de aniversario na que se inaugurará a exposición ‘Make Churruca Sleazy Again’ con DJ Boats ‘n Shoes e chupitos.

CONCERTO DE HEAVY LUNGS + YOUCANTHIDE – Xoves ás 21:30h na Fábrica de Chocolate – Desde 21,00 €

Dobre concerto da banda británica Heavy Lungs e os vigueses Youcanthide. Heavy Lungs é unha banda británica de post-punk formada en Bristol en 2017. Coñecida pola súa enerxía crúa e visceral, as súas actuacións frenéticas e o son explosivo.

CONCERTO DE LOS PONTIAKS – Xoves ás 22:00h na Sala Supersonic – 10,00 €

Los Pontiaks celebran o seu X aniversario cunha festa de Halloween con artistas convidados. Los Pontiaks son un trío vigués que fusiona o surf, o rockabilly e o swing cun son rápido e contundente, e unha estética visual moi coidada, que saen ao escenario con máscaras de caveira.

ESPECTÁCULO DE PANTOMIMA FULL – Venres ás 21:00 e sábado ás 20:00 no Teatro Afundación – Desde 17,80 €

O dúo cómico formado por Alberto Casado e Rober Bodegas regresa co seu novo espectáculo ‘Hecho a mano’.Un dúo que se converteu nun dos fenómenos máis exitosos da comedia estatal grazas aos pequenos vídeos que comparten nas redes sociais, retratando con precisión á sociedade actual.

DÍA DE MUERTOS EN LAVADORES – Sábado ás 14:00h na Asociación de Veciños de Lavadores – De balde

Mexicandos de Galicia celebra o Día de Mortos mexicano na Asociación de Lavadores. Por suposto haberá o tradicional altar de mortos no que podemos engadir as fotos dos nosos familiares. Non faltará a comida mexicana, mercadiño, actividades para a cativada e concurso de talentos, no que todos estamos convidados a amosar ao artista que levamos dentro.

ÓPERA ‘CARMEN’ – Sábado ás 20:00h no Mar de Vigo – Desde 29,70 €

Compañía de Ópera LGAM en colaboración coa Ópera Nacional de Moldavia, presenta Carmen, ópera en catro actos de Georges Bizet. Contrabandistas, cigarreras, xitanos, corridas de touros e sanguentas paixóns que acaban co seu protagonista morta a mans de Don José.

CONCERTO DE REDD KROSS – Sábado ás 20:30h na Sala Master – Desde 11,60 €

Concerto dentro do festival Underfest da banda californiana Redd Kross. Que son Redd Kross? Punk rock? Psicodelia? Power Pop? Sexa o que sexa, a clave é que a súa personalidade é 100% Redd Kross, os retrousos máis pegadizos, repletos de poderosos riffs, melodías e harmonías, imposible non sorrir e cantar.

‘VICIO HOUBO SEMPRE’ – Sábado ás 20:30h na Sala Ártika – Desde 10,00 €

Espectáculo ‘Vicio houbo sempre’, de Atenea García dentro da
programación OFF no ambigú da Sala Ártika. Os últimos anos Atenea García estivo recollendo historias de vida de mulleres de máis de 80 anos que moitas veces remataban falando de pracer e de sexualidade.

CONCERTO DE ADOLFO FH – Domingo ás 12:30h no Lar das Artes

Cocnerto do vigués Adolfo FH, guitarrista, músico e produtor de rock membro de formacións como Stoned At Pompeii e Los Cacikes.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.