CAMELIAS MASCOTAS

Unha vintena de actividades feministas para ‘hackear’ o patriarcado este outono en Vigo

O servizo de Igualdade do Concello presenta o seu programa de actividades feministas para o período de setembro a decembro. Na programación atopamos presentacións de libros, tres cafés literarios, un ciclo de faladoiros sobre as figuras femininas ligadas ao Museo Quiñones de León e un obradoiro de creación literaria. Ademais, os centros escolares poderán acceder a encontros virtuais de escritoras con alumnado de 3º e 4º da ESO e bacharelato.

Todas as actividades son no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, ubicado na Biblioteca Pública Juan Compañel. Son gratuítas, pero aquelas persoas que desexen participar nalgún club de lectura ou na Aula de creación literaria deberán inscribirse no propio Centro.

PRESENTACIÓNS DE LIBROS

Xoves 26 de setembro, 19:00 – As mulleres e o mar: o traballo feminino nas industrias marítimas de Galicia nos séculos XIX e XX, (Universidade de Santiago de Compostela, 2024), Luísa Muñoz Abeledo.

Martes 8 de outubro, 19:00 – Hackeamos o patriarcado: unha análise do machismo dixital, (Galaxia, 2024), Soledad Torres Guijarro (coord.)

Mércores 20 de novembro, 19:00 – Os anos tranquilos (Xerais, 2024) Llerena Perozo Porteiro

Martes 10 de decembro, 19:00 – Historia do fútbol feminino en Galicia: de Irene González a Vero Boquete (Galaxia, 2023)
Héctor Pena Taboada

CICLO DE FALADOIROS

23, 29 de outubro; 6, 12 de novembro , de19:00 a 20:30 – O MUSEO QUIÑONES DE LEÓN EN FEMININO: Figuras femininas ligadas ao pazo-museo Centenario da doazón do pazo ao pobo de Vigo (1924-2024), Beatriz Liz de Cea (Historiadora da arte. Comisaria de exposicións)

CAFÉS LITERARIOS: CLUB DE LECTURA

Mércores 25 setembro – M. Xosé Porteiro comenta La Tribuna, de Emilia Pardo Bazán

Mércores 30 outubro – Puri Bernárdez comenta A dúbida, de María Reimóndez

Mércores 27 novembro – María Platas comenta Ojos azules, de Toni Morrison

REVISTA NOVEMBRO

AULA DE CREACIÓN LITERARIA “PALABRA DE MULLER”

Xoves 24, 31 out; 7, 14, 21, 28 nov; 5, 12 dec, de 18:30 a 20:00 – Elena Gallego Abad (escritora e xornalista)

Aula de creación literaria de carácter práctico e ameno para aprender técnicas de narrativa e dotar as participantes das ferramentas precisas para escribir as súas propias historias, crear en feminino, dar voz ás silenciadas e escribir relatos de
auto ficción.