CAMELIAS MASCOTAS

Directos Vibra Mahou trae a Rufus T. Firefly, Carlos Ares e Sienna a Vigo

O ciclo de concertos Directos Vibra Mahou pretende revitalizar as salas viguesas despois do verán con tres concertos: Sienna en La Iguana Club, Rufus T. Firefly na Sinatra e Carlos Ares no Island Club. As entradas, cun prezo entre os 15 e os 18 euros, xa están á venda premendo aquí.

Despois da voráxine de festivais no verán, chega o outono cunha variada e interesante programación nas diferentes salas viguesas. Mahou súmase a esta oferta cos seus Directos Vibra Mahou, un ciclo que trae a seis artistas ás salas galegas, tres deles a Vigo.

O primeiro concerto será o de Sienna, que actuará o 12 de outubro en La Iguana Club. Sorprende o espazo escollido, pois o mítico local vigués leva desde a pandemia da Covid-19 practicamente sen programar concertos debido a problemas cun dos veciños do edificio.

O prato forte da programación é, con probabilidade, a banda toledana Rufus T. Firefly, un dos referentes nacionais no tocante ao indie rock alternativo e psicodelia. O seu concerto terá lugar o 8 de novembro na Sala Sinattra (que está en proceso de cambio de nome, polo que quizais daquelas xa non se chame así). Non tocan en Vigo desde a súa actuación na sala Rouge en 2022.

REVISTA NOVEMBRO

Por último, unha das sensacións do indie pop actual é o galego Carlos Ares, ao que poderemos ver xunto a un artista convidado aínda por desvelar no Island Club o 14 de novembro. O seu álbum debut, Peregrino, publicado este mesmo ano, apunta a figurar en moitas das listas dos mellores discos estatais de finais de ano.

4 de outubro – Anabel Lee, Sala Pantalán (A Coruña)
11 de outubro – La Paloma, Sala Pantalán (A Coruña)
12 de outubro – Sienna, Sala Iguana (Vigo)
8 de novembro – Rufus T. Firefly, Sala Sinatra (Vigo)
14 de novembro – Carlos Ares + Artista convidado, Sala Island (Vigo)
30 de novembro – The Limboos, Sala A Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro)