Mar de Miranda, unha marea de xabón
Baixo o método de saponificación en frío, que conserva as propiedades dos ingredientes, nace a pequena empresa familiar Mar de Miranda, custodiada por Jessica Estraviz.
O catálogo de Mar de Miranda ofrece xabóns artesáns, por citar algúns, de caléndula, de lavanda ou de rosa mosqueta, que teñen en conta o respecto polo medio ambiente, o coidado da pel e unhas sensacións moi agradables. Como bo obradoiro artesanal, Mar de Miranda ofrece pezas únicas en forma, tamaño e cor. Aquí mantense vivo o oficio utilizando as mellores materias primas e elaborando así un produto sostible, funcional e de deseño.
A empresa tamén organiza talleres de realización de xabón e de furoshiki, unha técnica que rescata teas para darlles unha unha segunda vida como empaquetados preciosos. Alén do xabón, a empresa tamén traballa liñas de personalización para eventos, hostalería e diferentes marcas. Sensacións a mares.
Estela Gómez
Últimos posts de Estela Gómez (ver todos)
- Triqueta Editora, pequenos grandes lectores - 7 Novembro, 2024
- Newt Crafts, artesanía arraigada - 27 Setembro, 2024
- Éxfico Clothing, recortes con estilo - 16 Xullo, 2024
- Noc Noc Estudio, a moda chama á porta - 21 Xuño, 2024
- Malahostia, moda con moito xenio - 27 Maio, 2024