CAMELIAS MASCOTAS

Flavita Banana, Ricardo Moya, Alba Meijide e Nuria Díaz súmanse ao cartel do festival Creativa

A segunda edición do Festival Creativa que se celebrará do 19 ao 21 de abril anuncia o cartel ao completo. Grandes creativos e pesos pesados da ilustración participarán nas actividades que o festival ten programadas na Galería Maraca, o Museo Marco e a Asociación Évame Oroza. Flavita Banana, Ricardo Moya, Alba Meijide e Nuria Díaz súmanse a Ricardo Cavolo, Eugenia Tenenbaum, Boa Mistura e Yelle Weller, anunciados inicialmente.

REVISTA NOVEMBRO

Impulsado pola Galería Maraca e Dot Galicia, o festival Creativa quere unificar creatividade e cultura e chegar a novos públicos. Tras o éxito do ano pasado, con máis de 1200 asistentes, Creativa celebrarase este ano do 19 ao 21 de abril na propia galería Maraca, o museo Marco e a Asociación Évame Oroza. Flavita Banana e Ricardo Moya co podcast ‘Domingos de bajón’ en directo, o beatmaker Zoomoavi, a ilustradora galega Nuria Díaz, a especialista en IA Alba Meijide, a poeta Silvia Penas e as Charlas Maraca con 8 dos proxectos e artistas máis interesantes da comunidade, son algunhas das novidades que completan o cartel do evento. A gran novidade deste ano é a creación dun mercado de ilustración, deseño e autoedición que terá lugar o sábado 20.

  • Flavita Banana y Ricardo Moya con su podcast “Domingos de bajón”:  Ricardo Moya, músico e presentador de El Sentido de la Birra, e Flavita Banana, ilustradora e autora da tira cómica de El País, unen o seu talento en Domingos de Bajón, un podcast que convida á reflexión e a gargallada. Con dous anos de éxito en formato dixital, Domingo de Bajón dá o salto aos escenarios e é así como chegan a esta edición de Creativa. Dúas persoas, dous micrófonos e unha infinidade de temas por explorar convértense na fórmula perfecta para un show que divirte e esperta a curiosidade e obvio, fomenta a creatividade!
  • Alba Meijide: é unha das especialistas en IA máis recoñecidas do país. Licenciada en Intelixencia Artificial por The University of Manchester, onde posteriormente completou os seus estudos co Máster of Engineering en IA.Desenvolve a súa actividade profesional como consultora e deseñadora de proxectos baseados en intelixencia artificial, para empresas tanto nacionais como internacionais e nun momento en que a IA está a poñer patas para arriba o mundo creativo profesional. 
  • Nuria Díaz é unha das ilustradoras galegas de referencia, desde hai máis de 10 anos, fíxose un oco nesa elite de ilustradoras que consegue vivir ao 100% do seu traballo e que impregna un selo especial en todo o que fai. Especializada en contar dun modo ilustrado en libros anteriores a vida de xenios como Wes Anderson ou Alfred Hitchcock, este ano presenta en Creativa o seu novo libro ilustrado, nesta ocasión unha viaxe pola infancia e a vida de Charlie Chaplin, un artista atemporal que segue conectando con todo o público cos seus personaxes entrañables, divertidos e tenros.
  • Zoomoavi, cargado con samplers e tecladitos descatalogados, o beatmaker vigués tráenos un alixo de beats LO-Fi . O seu son polvoriento e cálido é como subirche a unha nave espacial feita de chatarra despois de almorzar uns churros empapados en LSD e codeína. Na súa música mestúrase o novo e o vello, un cóctel de xéneros onde o resaibo principal é o hip hop do 94, co seu sombrillita e todo.
  • Charlas Maraca, 8 dos proxectos e artistas máis interesantes da cidade falarannos do seu traballo en oito charlas rápidas, interesantísimas e divertidísimas : A Morada / Asdúasepunto / Casa Atlántica / Edicións Malafera / Malahostia / Meiga-i / Proyecto Ewa / Roberto de la Torre

Estas confirmacións únense as anunciadas anteriormente:

  • Yeye Weller  é un dos ilustradores alemáns máis recoñecidos e recoñecibles do momento. Os seus personaxes son unha mestura entre os cartoons clásicos dos anos 20 e o vandalismo do street art máis rueiro e puideches velos sendo os protagonistas de campañas para marcas como Adobe, The New York Times, Adidas, Netflix, Sprite, KFC, Snapchat, McDonald ‘s, Dunkin Donuts, Uniqlo, WWF… Chega ao festival cunha exposición feita ex proceso para este festival.
  • Eugenia Tenenbaum é historiadora da arte. Galega afincada en Madrid, a través das súas redes sociais e Patreon converteuse nos últimos anos nunha das divulgadoras dixitais con máis impacto do noso país. O seu ámbito de especialidade é a perspectiva de xénero aplicada ao mundo da arte e de todo iso e máis nos falará en Creativa.
  • Ricardo Cavolo é un dos artistas españois máis internacionais.Expuxo en diver- sas galerías de Madrid, Londres, New York, Montreal, Porto, Milán. O seu estilo ultrarreconoci- ble cheo de chamas e puideches velo en campañas para marcas como Gucci, Apple, Zara, Starbucks, Alexander McQueen, Bally, Nike…
  • Boamistura é un colectivo artístico con raíces no grafitti nado a finais de 2001 en Madrid. O seu proxecto “Crossroads”, sustentado nunha metodoloxía que integra aos veciños de comunidades como parte activa dun proceso de transformación a través da pintura, foi levado ao longo dunha década a barrios periféricos de Brasil, Colombia, Paraguay, Chile, Nicaragua, Panamá, México, Cuba, República Dominicana, España, Quenia, Sudáfrica, Senegal, Alxeria, España ou Holanda. En Creativa presentarán un documental baixo este mesmo nome “Crossroads” no que se documenta todo este traballo na periferia de Ciudad do Cabo, Sudáfrica.
  • Fantasmage é un dúo de garage punk formado en 2011 formado por Daniel Nicolás (batería e voz) e Andrés Magán (guitarra e voz) e que decidiu parar a súa carreira en 2014 por diversos motivos. Agora 10 anos despois reúnense de novo para lembrar en directo aquela marabilla que foi o seu debut homónimo e sacar á luz algúns temas novos.
  • Carme López é intérprete, docente e investigadora de campo da música de tradición oral galega. Doutora pola UDC cunha tese sobre o canto tradicional feminino en Galicia, presentará en Creativa o seu novo disco “Quintela”, o primeiro disco de música experimental que usa a gaita como instrumento base, polo que tamén esta presentación será o primeiro espectáculo no que a gaita se descontextualiza do marco tradicional e académico para crear un discurso propio marcado pola subxectividade e a perspectiva de xénero.