Un bosque vivinte en Príncipe para arrancar a programación trimestral de Vigocultura
Este sábado 3 de febreiro comezan os 28 espectáculos de Vigocultura programados ata finais de abril coa representación de El Bosque Viviente, de Sarao Producción y Animación.
28 actuacións, 17 para adultos e outras 11 destinadas ao público familiar, conforman a programación municipal de artes escénicas Vigocultura. Actuacións musicais, monólogos, comedias, teatro sensorial para bebés, marionetas, danza, maxia, teatro comedia de máscara e circo serán algunhas das cousas que poderemos gozar no Auditorio do Concello. Podes mercar aquí as entradas de todos os espectáculos ou na librería Libros para soñar (Triunfo, 1 ) en horario de luns a venres, de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00; e sábados de 10:30 a 13:30.
Este sábado 3 ás 19:00 na rúa do Príncipe arranca a programación con El Bosque Viviente, un espectáculo de rúa que, segundo os seus creadores, é “moito máis que un simple espectáculo itinerante; é unha experiencia única que transcende as barreiras do tempo e a imaxinación”. Ambientado nun albergue de peregrinos do camiño de Santiago, un ancián comparte unha historia que cambiará a percepción da natureza para sempre.
Programación
Sábado 3 de febreiro. Sarao Produccións: “El Bosque Viviente”. Teatro de rúa
Venres 9 de febreiro. Basilio Martí: “Transylvanian Suite”. Música
Sábado 10 de febreiro. Amorodio Teatro: “A nai”. Teatro comedias
Domingo 11 de febreiro. Markeliñe: “Mamut”. Teatro xestual
Venres 16 de febreiro: Ainé Produccións: “Aquí tou”, monólogo de Xosé Antonio Touriñán
Sábado 17 de febreiro. Contraproduccións S.L.: “Apaga o candil”. Teatro comedia
Domingo 18 de febreiro. Trémola Teatro: “Brilla, brilla”. Teatro para bebés
Venres 23 de febreiro. Ilusionista Pedro Volta: “Ilusionante”. Maxia
Sábado 24 de febreiro. Contraproduccións S.L: “Entrega en man”. Comedia
Domingo 25 de febreiro. Roi Borrallas: “Solo”. Marionetas
Venres 1 de marzo. Iago Regueiro: “Gracias por venir, homenaje a Lina Morgan”. Comedia
Sábado 2 de marzo. Sarabela Teatro: “Made in Galiza”. Comedia
Domingo 3 de marzo. Olivas negras: “O rapto de Befana”. Comedia de máscara
Sábado 9 de marzo. Chévere Produccións: “Heller Keller, a muller marabilla?”. Teatro contemporáneo
Domingo 10 de marzo. A maga Fani: “Iguladade, onde estás?”. Maxia
Venres 15 de marzo. Manekineko: “Cancións amarelas, flores tristes”. Teatro contemporáneo
Sábado 16 de marzo. Artyc Content: “Que din as rumorosas”. Teatro contemporáneo
Domingo 17 de marzo. La Coja Dansa: “El cuento de Persépolis”. Danza
Viernes 12 de abril. Ron Lalá Teatro: “4×4”. Comedia
Sábado 13 de abril. Souvenir: “Non é unha canción”. Teatro contemporáneo
Domingo 14 de abril. Aina Maravillas&Portal71: “Las Cotton”. Marionetas
Venres 19 de abril. De ste Xeito Produccións: “Neura”. Estreno. Comedia
Sábado 20 de abril. Pistacatro Productora de Soños: “La punta de mi nariz”. Circo
Domingo 12 de abril. Artefeito: “Cirqueiras”. Circo
Viernes 26 de abril. Cía Kirenia Danza: “Emigrantes”. Danza
Sábado 27 de abril. LAD Dance Compañy: Qualia”. Danza
Domingo 28 de abril. Pistacatro Productora de Soños: “361” de la Compañía Proyecto de Tránsito. Híbrido de circo y danza