CAMELIAS MASCOTAS

Portamérica desvela o cartel por días e pon á venda as entradas diarias

O festival Portamérica vén de publicar o seu cartel por días no que desvela en que xornada actuarán artistas como Juanes, Aitana ou Vetusta Morla na Azucreira de Portas. Mañá, venres 15, póñense á venda as entradas por días e para o camping.

OT | Noel Queipo

O certame musical pop de referencia en Galicia celébrase este ano entre o xoves 4 e o sábado 6 de xullo no concello de Portal. Ademais de músicos de primeira fila, como Aitana, Juanes ou Vetusta Morla, outras vinte bandas conforman o cartel. O apartado musical compleméntase coa presenza de reputados chefs que cociñan durante o evento. Pepe Solla, Artur Martínez e Begoña Rodrigo son algúns dos cociñeiros “con estrela” que estarán de novo nesta edición.

O cartel musical por días, que foi desvelado esta tarde, queda así:

Xoves 4: VETUSTA MORLA, XOEL LÓPEZ, CARLOS SADNESS, TOQUINHO, STANDSTILL, GUADI GALEGO e MONDRA

Venres 5: AITANA, MILO J, SHINOVA, LEÓN BENAVENTE, CALONCHO, THE RAPANTS, MARILIA MONZÓN, BESMAYA, SARRIA

REVISTA NOVEMBRO

Sábado 6: JUANES, ARDE BOGOTÁ, ILEGALES, RODRIGO CUEVAS, EL COLUMPIO ASESINO, BURNING, SONIDO GALLO NEGRO

As entradas diarias, zona de acampada e aparcadoiro de autocaravanas, poñeranse á venda mañá ás 13:00h na web do festival . A acampada do Portamérica terá lugar en Portas, dando a oportunidade a todos aqueles interesados de acampar desde o mércores 3 de xullo, día previo ao comezo do festival, ata o domingo día 7. Ademais, a acampada do festival atópase a apenas 5 minutos camiñando do recinto da Azucreira.

Todo o que o desexe tamén poderá acudir coa súa autocaravana ou furgoneta camperizada, neste caso, a zona adxudicada a este tipo de transportes estará dispoñible desde o xoves día 4 de xullo ata o 7 de xullo. As entradas para a acampada e o aparcadoiro de autocaravanas poderanse adquirir mañá ás 13:00h en portamerica.es