O Birraseto Fest reúne en Vigo cen tipos de cervexa artesá
Esta fin de semana se celebra a primeira edición do Birraseto Fest, no que se poderán degustar cen tipos diferentes de cervexa artesá. A cita, na que tamén haberá música, catas, conferencias e actividades para nenos, comeza o venres na praza do Rei.
O Birraseto Fest é a proposta da Asociación galega de cervexeiros artesáns e cervexas Nós para achegar aos vigueses á cervexa artesá elaborada en Galicia, aínda que no festival tamén participa algún invitado de fóra. Dende o venres e ata o domingo habilitarase unha carpa na praza do Rei para poder degustar os cen tipos de cervexas diferentes que participan. Os artesáns cervexeiros que toman parte nesta primeira edición son: Cervexa Áncora de Ourense, Cervexa Menduiña de Cangas, Cervexa Belecker de Ponferrada, Cervexa Nos de Pontevedra, Cervexa Faxilda de Pontevedra, Cervexa A Cova da Serpe de Lugo, Cervexa Bubela de Lugo, Cervexa de Lago de Vigo, Cervexas Silvestres de Nigrán, Cervexa Kel’s de A Coruña, Cervexa Nasa de Pontevedra, Cervexa Castreña de León, Cervexa Misterio Brewing de Viveiro, Trisk-ale de Baiona e Cervexa Alealé de Arteixo.
Ademais dos postos cervexeiros, haberá diferentes propostas gastronómicas de comida de rúa, moita música e actividades para todos os públicos. O acceso a feira é gratuíto, pero para poder degustar algunha das cervexas será preciso mercar o vaso do festival. O evento inaugurarase o venres ás 18:00 coa pinchada do primeiro barril, que irá seguida das actuacións musicais de Dj Mr Ortis, Blackbirds e Ganjahr Family. Tras o peche da feira a festa continuará no Brewing Records. O sábado e o domingo arrancará con sesión Beer-mu a partir das 12:30 do mediodía e ademais das actuacións musicais de Nando Pereira, Blue Monk e El Pelotón de los Torpes o sábado e Los Pontiaks e Los Naipes el domingo haberá diferentes actividades para o público infantil. Na tarde do sábado os pequenos da casa poderán participar nun obradoiro de tattos e creación de chapas, mentres que o domingo pola mañá se celebrará un obradoiro de cociña infantil e pola tarde sesión de contacontos.
Os amantes da cervexa teñen outras dúas citas importantes na tarde do sábado: un curso de elaboración de cervexa artesá gratuíto na cervexería Nos e una friki cata de cervexas. O domingo se coñecerá a mellor cervexa do festival e tamén aquela que ten a mellor etiqueta. Un festival que aspira a converterse en referente no mundo da cervexa do sur de Galicia.