CAMELIAS MASCOTAS

Sol e calor para inaugurar a Feria de abril este xoves no Náutico

A Feria de Abril trae o bo tempo a Vigo. O xoves ás 21:00 está previsto o acendido do alumeado da trinta edición da Feria de Abril na cidade olívica, Meteogalicia prevé que se alcancen os 25 graos nesa mesma xornada.

REVISTA NOVEMBRO

Parece que a climatoloxía vaise aliar coa feria de abril e vai deixar unhas temperaturas agradables, un pouco máis acordes coa celebración andaluza. A medida que avance a semana as temperaturas irán en ascenso ata alcanzar máximas de 27 graos o venres. Unha previsión que animará á xente a achegarse ao Náutico a gozar da trinta edición da Feria de Abril en Vigo, que arrancará o xoves ás 21:00 co tradicional acendido do alumeado. A inauguración da festa será completada coa actuación do grupo de baile ‘Secretos del Sur’ a partir das 21:45, a troula prolongarase ata a media noite.

De venres a domingo todas as persoas que se acheguen ata as dúas casetas colocadas en as Avenidas poderán empaparse da cultura andaluza. Non faltarán os pescaítos, os rebujitos nin as sevillanas. As casetas abrirán a media mañá e nelas a música e a gastronomía andaluza serán as grandes protagonistas. O venres a partir das 18:30 da tarde hai programadas varias actividades: actuacións de zumba, espectáculo do grupo ‘Las Marismas del Rocío’, academia de castañuelas coa profesora María Losada e actuación da escola de baile ‘Alma Flamenca’. O sábado haberá sesión vermú a partir da unha do mediodía, animando o ambiente estará o Coro Rocieiro da Casa de Andalucía. Todos aqueles que se queiran iniciar no arte das sevillanas teñen unha cita o sábado ás cinco da tarde co profesor Alejandro Moure, que dará unhas nocións básicas no baile andaluz a todos os que se achegan ata alí. A partir das 17:50 non faltará a música con diversas actuacións: o grupo folclórico ‘O Corisco’, a agrupación ‘Aires del Sur’ a Escola de danza infantil de Casa de Andalucía e o grupo ‘Aires del Sur’. Tanto na xornada do sábado coma na do venres haberá ambiente festivo nas casetas ata as 3 da madrugada.

O domingo arrancará cun flashmob na zona do Náutico, no que todo o mundo está convidado a participar. Os tradicionais coches de cabalos non podían faltar no evento, a partir das doce do mediodía haberá paseo de cabalos e calesas. A sesión vermú do domingo correrá a cargo do grupo de ‘Sevillanas Virgen de la Rocina’. Xa pola tarde, están programadas varias actividades dirixidas ao público infantil. Ás 17:30 animación infantil con Barufanda e as 18:15 clases de sevillanas gratuítas para os pequenos coa profesora María Janeiro. A derradeira actuación do evento correrá a cargo da escola de baile ‘Alma Flamenca’ ás 19:30 horas, pero a festa non rematará ata a media noite.

(GMT+01:00) Montero Ríos

(GMT+01:00) Montero Ríos

(GMT+01:00) Montero Ríos

(GMT+01:00) Montero Ríos