CAMELIAS MASCOTAS

Chega por primeira vez a Vigo o CityBlue Film Festival

CityBlue Films Festival é un festival cinematográfico internacional organizado pola distribuidora e produtora homónima que busca ofrecer unha canle de difusión a directores e produtores. Celebrará a súa 6ª edición entre os días 25 de novembro e o 8 de decembro en varios espazos da cidade.

Tras diversas edicións en Alicante e de xeito telemático a causa da covid-19, o CityBlue Film Festival arriba en Vigo desde este venres 25 de novmebro ata o 8 de decembro. O festival quere apoiar aos novos talentos, para que o cinema poida ser visto e gozado polo público en pantalla grande. Segundo a organización, “existe todo un mundo de cinema diferente, persoal, innovador e grandes talentos por descubrir e un numeroso e curioso público desexoso de coñecelo”. Por iso, todas as proxeccións serán gratuítas e o premio aos filmes gañadores consisitirá en axudas á distribución.

A primeira proxección será El Tirabeque de Darío Autrán, o venres 25 de novembro no Cine Salesianos ás 20:00. A longametraxe, filmada en Galicia, está protagonizada por Manuel Manquiña e colleitou 13 candidaturas aos Goya. Os días 30 de novembro e 2 de decembro haberá seccións dedicadas ao estudantado da Escola de Imaxe e Son de Vigo e o Colexio Miralba, respectivamente.

A traca final será do 5 ao 8 de decembro no Auditorio do Concello, con varias seccións por xornada. O luns 5 proxectaranse as longametraxes La Luz Del Faro de Pablo de la Fuente e Arredor da roda de cantigas da terra a Miro Casabella de Federico A. Rioboo; o martes 6 será a quenda da sección de curtas galegas (inclúe o documental 10 Años Discamino de Víctor Bello) e a longa peruana La Pampa de Dorian Fernández; o mércores 7 haberá curtas internacionais e a longa documental Un viaje hacia nosotros de Luis Cintora; e, para rematar, o xoves 8 proxectaranse catro curtas, tres delas galegas (destaca Sauerdogs do vigués Guillermo de Oliveira) e clausurarase o festival cunha gala e entrega de premios.

Fotograma da curta Sauerdogs, do vigués Guillermo de Oliveira

PROGRAMACIÓN

SECCIÓN LONGAMETRAXE INTERNACIONAL

  • «El Tirabeque» de Darío Autrán Ficción, Comedia España/2022.
  • «La Pampa» de Dorian Fernández Moris, Ficción, Perú/2022.
  • «Un viaje hacia nosotros» de Luis Cintora Documental, España/2021

SECCIÓN LONGAMETRAXE GALICIA

  • «La Luz Del Faro» de Pablo De La Fuente Arcos, Ficción, España/2021
  • «Arredor da roda de cantigas da terra a Miro Casabell» de Federico A. Rioboo   Documental, España/2022

SECCIÓN CURTAMETRAXE XERAL

REVISTA NOVEMBRO
  • «Espinas» de Ivan Sáinz-pardo Ficción, España/2021
  • «Fantasma Neón» de Leonardo Martinelli Ficción, Brasil/2022
  • «The Gold Teeth» de Alireza Kazemipour  Ficción, Canadá/2022
  • «Meu Nome É Maalum» de Luísa Copetti  Animación, Brasil/202
  • «Pico De Plata» de Christian Camilo Ossa Rodríguez  Documental, Colombia/2021

SECCIÓN CURTAMETRAXE GALICIA

  • «Cineris» de Carlos A. Quirós Ficción España/2021
  • «Homeless Home» de Alberto Vázquez  Animación, España/2020
  • «Mothertruckers» de Paula Romero  Ficción, España/Reino Unido/2022
  • «Nocturno» de Manuel Nector Ortega Yañez   Ficción, España/2021
  • «10 Años Discamino» de Víctor Bello  Documental/España/ 2022

SECCIÓN CURTAMETRAXE ESTUDIANTIL

  • «Non Grata» de Alba Lozano  Ficción, España/2022
  • «Vlada goes to London» de Arti Savchenko  Ficción, Israel/2020
  • «La Belle Survie» de Louis Besse  Animación, Francia/2022
  • «As Cachemir De Touso» de Diego Doural  Ficción, España/2022
  • «Unha Illa no medio do mar» de Alberto Montull  Documental, España/2022

SECCIÓN CURTAMETRAXE INFANTIL

  • «Rechonchos» de Karen Lizbéth  Castillo  Ficción /Animación, México/2021
  • «El Sepulturero» de Juanca  Arniz Ficción /Animación, España/2022
  • «Le Monde De Lucie» de Iff Robin Ficción, Francia/2022
  • «Life And Butterflies» de Pablo Reigada Ocaña Animación/Ficción España/2022
  • «La Carta en el árbol» de Juan  González Henao  Ficción /Fantástico, Colombia /2022