CAMELIAS MASCOTAS

Carlos Latre: “Moitas veces volvémonos inquisidores co humor”

Vinte anos son moitos, e aínda máis cando milleiros de persoas te ven nas pantallas das súas casas diariamente. O humorista Carlos Latre, un dos grandes imitadores do Estado, continúa a manterse relevante e en primeira plana tras dúas décadas en televisión, onde os seus centos de voces aínda continúan a facer rir ao público. O venres 18 e o sábado 19 estará no Mar de Vigo presentando One Show Man.

En persoa Carlos Latre é tal como o imaxinas: atento, falangueiro e carismático. Pero agora tamén, nas súas plabras, é moito máis “maduro, técnico, mellor imitador e, sobre todo, moito máis divertido”. Así fala de One Show Man, o seu último espectáculo en vivo co que celebra 20 anos de traxectoria: “É o Latre de sempre, pero absolutamente novo”. A súa biblioteca de voces non deixa de medrar, xa que a actualidade está en contínuo movemento e cada día hai un novo famoso: “A actualidade é tan rica e os personaxes son tan bos que practicamente me dan o guion feito. É un reto para min”, apostila o humorista.

REVISTA NOVEMBRO

Outra das constantes de Latre ao longo dos anos é o seu humor familiar ou branco, apto para todo tipo de públicos e que rara vez pode xerar algunha polémica: “Nunca tiven ningún problema coas miñas imitacións, ao contrario, pídenme que as faga”, explica. Malia non practicar un tipo de comedia aceda e transgresora, defende a quen si o fai: “Estamos perdendo a boa fe. Antes cando facías un chiste a xente sabía que era coa intención de rir. Agora temos moita sensibilidade e estamos perdendo a noción de pensar ben, malpensamos moito”, sintetiza. Engade tamén que hai moitos tipos de humor que non lle gustan, “pero iso non implica que non se poidan facer. Moitas veces volvémonos inquisidores con algúns temas, é o humor é sen dúbida un deles”.

Neste aspecto, o showman láiase da crecente autocensura no sector: “Ás veces non fas según que personaxes ou chistes porque sabes que o pau vén detrás, sobre todo con iso de arden as redes, xustifica. Como todo, o humor evolucionou moito nestas dúas décadas, feito do que Latre é máis que consicente: “Intento estar ao día das novidades e trato de modernizarme a min mesmo”. Outro aspecto moi relevante no seu traballo, máis aló de perfeccionar as imitacións, é estar ao tanto do que pasa no mundo, pois os seus espectáculos inclúen gags de actualidade, mesmo da cidade en concreto onde ten lugar: “Non me estresa, pois me gusta estar ao fío de todo e descubrir os mundos destes personaxes. Non é o mesmo facer políticos, deportistas ou científicos. O show cambiou moito desde que se estreou en maio de 2020, hai moitas novidades”, comenta.

Por último, destaca a importancia que ten a música durante One Show Man, pois ademais de imitar, tamén canta. Músicos como Miguel Bosé, Julio Iglesias, Serrat, Dani Martín ou Raphael farán acto de presenza, mais outros como Pedro Sánchez, Fernando Simón, Josep Pedrerol ou Leo Messi tamén terán os seus momentos musicais. Fóra do escenario, Latre admite ser omnívoro no tocante ao gusto musical: ópera, dance dos noventa, flamenco, Sebastian Yatra, Pablo López, Joaquín Sabina, Armando Manzanero, Lana del Rey, Coque Malla, Judit Neddermann, Elena Gadel, Shuarma, Andrés Calamaro, Julio Iglesias…

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.