CAMELIAS MASCOTAS

Pereira, o marisco que non falte

Todos os que durante o Nadal pasan polas tendas de Pereira pregúntase o mesmo: «Por que sempre hai tanta xente/tantos coches aparcados?». A resposta é sinxela: gran producto. Tras falar con moitos dos seus clientes, en Pereira elaboraron unha listaxe doutros motivos polas que comprar nas súas tendas. Entre estes motivos atopamos algúns como os seguintes:

1. De confianza, por calidade.

2. Do barco á túa casa.

3. Produtos saudables de alta calidade.

4. Asesoramento personalizado.

5. Pola súa situación céntrica.

6. Gran variedade de produtos.

7. Fábricas de elaboración propia.

8. Amplo horario, adaptámonos a ti.

9. Prezos competitivos.

10. Esmerada presentación de produto.

Son motivos máis que suficientes para investir en marisco galego, non? Pois aínda hai máis: se te subscribes ao programa de fidelización de Pereira poderás gozar dun 5% de desconto nas súas compras. Non dubides en facelo antes de escoller que marisco encherá a túa mesa este ano, atoparás toda a información na súa páxina web tienda.pereira.es

Confiar en Pereira é apostar polo seguro. Esta empresa leva flotando desde hai máis de 65 anos, facendo posible que o peixe e o marisco conxelado cheguen a túa casa nunhas condicións de calidade e sabor ótimas.

Para que nestas festas non falte na túa mesa bo marisco galego, Pereira proponche que regales as súas caixas de 2 quilos de lagostino pescado en alta mar e conxelado a bordo. Esta caixa do número 2 ten un prezo de 20,00€, contén unha media de 20/30 pezas por quilo e fará as delicias dos padais máis esixentes. Non fallarás se apareces na casa dos teus sogros cunha caixa de Pereira… e que eles se encarguen do Albariño!

Se queres subir a túa aposta, Pereira conta cunha gran variedade de mariscos conxelados para todos os gustos. Tamén atoparás na súa tenda estoxos a 65 € o quilo (150/180 pezas) de camarón cocido grande pescado nas frías augas do Mar de Irlanda e Mar Céltico, un produto de alta calidade que posúe un sabor suave e exquisito. Que non falten as patas de polbo cocidas e refrixeradas no seu zume en estoxo de aproximadamente 450 gramos, sorprende pola súa textura e intenso sabor. Ademais, como xa está cociñado, só require uns minutos para temperalo. Despois, aderezar e gozar. Así de fácil e só por 29,50 € o quilo! Propoñémosche tamén que apostes por unha peza de boi de mar de primeira calidade xa cocida envasada ao baleiro a 9,95 € o quilo. Desconxelar e listo para comer! Se es máis de peixe, proba o rape en pezas de aproximadamente 800 gramos a 14,95€ o quilo, un alimento cun alto prestixio a nivel gastronómico que se converteu nun ingrediente imprescindible de moitas receitas. En Galicia tradicionalmente cocíñase «á galega», receita na que o allo potencia a súa textura e sabor. Este peixe branco cun baixo nivel de graxa sempre é unha opción perfecta para incluír en calquera tipo de dieta. Un dato! Se non queres facer cola, Pereira lévache o teu pedido a casa (reparto dispoñible en Vigo e 20 km á redonda).

E, para rematar, se precisas ideas para cociñar estos produ¡tos Pereira fai o traballo por ti no seu amplo receitario en liña que poderás consultar en recetaspereira.es Neste Nadal ninguén quedará sen lamber o bico!

Web: tienda.pereira.es

Facebook: @PereiraTiendas

REVISTA NOVEMBRO

Instagram: @pereiraenlared

Twitter: @PEREIRAenlared

Dirección: Rúa da Ronda de Don Bosco, 41 e Avenida Beiramar, 59

The following two tabs change content below.

Estela Gómez

Estela naceu no 92 (o ano de Cobi) preto do mar. É filóloga e correctora literaria, cirurxiá de textos, amiga das redes sociais e ten un interese case innato pola moda e a cultura. Estela é aprendiza de todo e especialista en nada, ten incontinencia verbal crónica, e, grazas á mellor das sortes, as palabras danlle de comer.

Últimos posts de Estela Gómez (ver todos)