Un Nadal cheo de mercados
O Nadal está a volta da esquina e aínda non tes preparados os regalos? Tal vez sexa o momento de ir pensando nelo e á vez, aproveitando a ocasión, axudar aos vendedores pequenos mercando nas súas tendas. Desde esta revista poñemos o noso gran con Eu regalo local, unha plataforma na que poderás atopar un montón de ideas de tendas locais e pequenas marcas galegas. Outra opción e pasear por algún dos moitos mercadiños que hai organizados na nosa cidade durante estas datas. Toma nota!
MERCADO DE NADAL NA FUNDACIÓN SALES – Sábado 11 de decembro
A Fundación Sales é un entorno precioso para pasar unha tarde de sábado e, ademáis de poder mercar pezas de cerámica, pintura, ilustración, téxtil e cestería, teñen unha programación chea de concertos, obradoiros e actividades para toda a familia. Podes consultar toda a súa programación aqui.
MERCADO DE NADAL EN CHURRUCA – Sábado 11 de decembro
Varios locais do entorno de Churruca organízanse, unha vez máis, para organizar un mercado, desta vez con aires de Nadal. Haberá artigos de artesáns, artistas locais, mercado de segunda man, mercadillo de protectoras de animais… Participan o Tinta Negra, Casa de Arriba, Batallón Baiuca, Bizarre, Reserva Rock, Sala Kominsky, Monk Pub e Candela.
OFEITOAMAN – Sábado 20 de novembro a sábado15 de xaneiro
Despois dun ano sen casetas de Ofeitoaman, volven con máis forza que nunca e nesta edición estrean ubicación e datas. A feira vaise desenvolver na Alameda da Praza de Compostela.
CIES MARKET – Desde o sábado 20 de novembro a sábado15 de xaneiro
Cíes Market é un mercado de Nadal que se pode atopar na Alameda de Vigo. Conta con máis de 100 casetas de restauración, gastronomía, pastelería e repostería, froitas e zumes… ademais das clásicas artesanías, artigos de decoración figuriñas para o belén ou ropa con motivos de nadal. Tamén hai carritos con flocos de millo, gofres e castañas.
MERCADO POP UP DE NADAL – Mércores 1 de decembro ao mércores 5 de xaneiro
Volve a Sanjurjo Badía o mercado Pop Up polo Nadal cheo de pezas artesanais e de artistas para organizar os agasallos destas festas.
MERCADO DE NADAL FUCK THIS STUDIO – Venres 17 ao sábado 19 de decembro
Fuck This Studio organizan este mercado de Nadal de tres días no que participarán diferentes artistas nos corredores das Galerías Park de Urzaiz.
MERCADO DE NADAL DO CALVARIO – Martes 23 de novembro ao domingo 16 de xaneiro
Comeza o Mercado de Nadal do Calvario, que conta con 22 casetas de madeira cheas de produtos que poden inspirar as compras destas festas. A proposta contará, ademais, con actividades para a toda a familia: visita de Papá Noel e do carteiro real, chocolatadas e actuacións musicais para amenizar o paseo.