VIALIA
bannerPicnicSesions

Mercado de Nadal en Sales

11dec11:0021:00Mercado de Nadal en SalesFESTIVAIS E FEIRAS | De balde11:00 - 21:00(GMT+01:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

Un mercado marcado pola carga artística dos expositores e a beleza do espazo onde se realiza. Cerámica, pintura, ilustración, téxtil e cestería son algunhas das disciplinas que se dan cita nun lugar tan emblemático da cidade olívica, como é a Fundación Saes.

O invernadoiro do xardín dará cabida a máis de 30 expositores galegos chegados de norte a sur, con moitas ganas de mostrar o seu traballo. Unha oportunidade para apoiar o traballo artesanal e individual destes artistas e poder adquirir obras únicas pensadas para ser o mellor regalo este nadal. Durante todo o día haberá distintas actividades. Nesta ocasión contaremos coa colaboración da Fundación Igualarte e dous dos seus proxectos máis ambiciosos. Variado será o encargado dos talleres infantís, presenta un proxecto laboral, de lecer e tempo libre cunha oferta de animación diferente e exclusiva, onde o punto para destacar é a inclusión real.

Chungo Pastel, grupo de pop-rock representando as cancións do Proxecto Somos, na súa andaina xa contaron con colaboracións tan especiais como Silvia Superstar ou Woyza. Conta contos, concertos, pintura en directo, fotografía , zona gastro, música e a visita do aplapador son as recensións deste mercado ao cal vos queremos convidar.

11:00 Apertura das portas do MERCADO DE NADAL. – 33 artistas e artesáns presentan a súa obra. 

12:00 Presentación do libro infantil:   ‘Los poderosos Animales que te acompañan’. Autora: Aróa Berjón. 

13:00 Concerto sesión Vermut. CHUNGO PASTEL 

14:00 Xantar con prezos populares e opción menú  vegano toda a xornada. 

18:00 Contos para coidar as árbores  “Unha árbore ven a vernos” (e trae ao Apalpador)

18:45. Puxa de arte.  Os muralistas Gonzalo Alonso e Alex Fernandez xunto co arquitecto  xixones Jorge Meana estarán durante toda a xornada pintando un  cadro que se subastara o máis estilo das puxas de arte. Diversión  asegurada.

A banda de pop-rock da fundación Igualarte dará un  concerto en primicia. Unha banda chea de matices e divertida 100%. 

19:30 CONCERTO CLAÚSURA.  Inerttes nace en Vigo a finais do 2004 , EP“Starpez”,  permite facerse co “Maketón Estrella Galicia”  

Djs residentes Fon Kid / Tropical Boy

Máis

Hora

(Sábado) 11:00 - 21:00(GMT+01:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events