CAMELIAS MASCOTAS

O Rey Enigma reta a Vigo nunha partida de xadrez

O Centro Comercial Travesía pon en marcha unha nova iniciativa dentro do torneo de xadrez que organiza no mes de agosto e setembro. O certame contará coa presenza dunha das revelacións do ano, o xadrecista profesional Rey Enigma, contra o que os participantes poderán loitar durante o 10 e 11 de setembro para gañar packs de premios.

Rey Enigma

Durante o mes de agosto e setembro ten lugar o torneo de xadrez ‘Travesía Vigo Master Chess 2021‘, organizado polo Centro Comercial Travesía. O certame caracterízase por contar co taboeiro máis grande do mundo, que será visitado polo mestre e figura de xadrez ruso Anatoly Karpov durante os días 24 e 25 de setembro. O Master Chess conta cunha primeira parte online no mes de agosto e unha parte presencial no Centro Comercial, na que os 40 finalistas retaranse cara a cara.

REVISTA NOVEMBRO

A organización engade agora un novo evento aos seus clientes coa chegada do Rey Enigma. Entre o venres 10 e o sábado 11 de setembro en horario de mañá e tarde, os participantes poderán retar ao xogador profesional e gañar packs de cine e unha cea para dúas persoas, ambos premios válidos durante todo o mes de setembro. As partidas desputaranse en varios espazos sen necesidade de inscrición previa.

Este famoso Rey Enigma leva máis de seis meses retando ao xadrez sen desvelar a súa identidade e conseguindo ser viral nas redes sociais. Un dos seus retos máis coñecidos foron as partidas na rúa por valor de 100€, o público que conseguía derrotalo levaríase o diñeiro. Na actualidade, leva máis de 200 partidas desputadas, con tan só tres derrotas. Pese a todas as vicorias e a fama que está a recibir nos últimos meses, o seu obxectivo principal é promover a difusión deste deporte entre todas as xeracións, con vídeos explicativos en Youtube sobre as xogadas e un curso online de balde sobre o xadrez.

Consulta as bases e toda a información do torneo aquí.