Un artista galego presentará en primicia o seu novo disco nun paseo en catamarán durante o Sinsal
O Festival Sinsal SON de Estrella Galicia que se celebrará entre o o venres 23 e o domingo 25 de xullo na Illa de San Simón engade unha nova actividade a súa programción. Na mañá do sábado 24 ofrece un paseo en catamarán pola ría para achegarnos a historia da illa e no que un artista galego presentará o seu novo traballo nun concerto de 40 minutos. As entradas para esta actividade saen á venta este luns 19 de xuño ás 12 da mañá.
O Festival Sinsal SON Estrella Galicia celébrase do venres 23 ao domingo 25 de xullo en Redondela. O cartel do evento é secreto e será revelado ao público cando desembarque na illa, situada no corazón da Ría de Vigo. O sábado 24 a cita musical ofrecerá un paseo en catamarán dunha hora e media pola enseada de San Simón en horario de mañá, que engade a estrea en directo do novo disco dun artista galego nun concerto en acústico de 40 minutos para dar a coñecer, en primicia, este traballo discográfico.
O Sinsal aposta pola promoción da cultura galega, a contorna natural e a sostibilidade nunha experiencia de música ao vivo de creadoras e creadores galegos e artistas de estilos diversos procedentes Portugal, España e Estados Unidos. No percorrido en catamarán, que partirá do embarcadoiro de San Adrián de Cobres ás 12h, o público asistente poderá coñecer este enclave da man e experiencia dunha guía especializada. A memoria da illa e a historia do seu patrimonio serán os fíos condutores da proposta.
As entradas para o paseo en catamarán están dispoñibles na plataforma Enterticket, unha actividade cun aforo reducido de 60 persoas. Maís información na súa páxina web.