REVISTA MARZO

Sidecars presentará o seu novo disco en Vigo o 28 de abril

Sidecars é a banda protagonista da Gira Mahou 2018 que este ano recalará en 14 cidades entre as que se atopa Vigo. A banda madrileña presentará o seu último traballo ‘Cuestión de Gravedad’ o 28 de abril na sala Rouge.

Nova data para engadir a axenda de concertos en Vigo este 2018. O rock de Sidecars chegará á cidade olívica o vindeiro 28 de abril. O grupo madrileño presentará na sala Rouge o seu derradeiro LP ‘Cuestión de Gravedad’. O quinto traballo desta agrupación, ten guiños a tódolos artistas que lle teñen influído, de Burning e Los Ronaldos a Pereza o Tom Petty, inclúe tamén algún toque acústico e unha sensibilidade que non lles resta forza roqueira.

A Gira Mahou que en edicións anteriores contou con artistas como Los Secretos, Leiva, Loquillo, MClan e Iván Ferreiro, fará catro paradas en Galicia: A Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo.