Actividades feministas para esta primavera en Vigo
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo anuncia o programa de actividades que se organizará en formato virtual no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. No período de abril a xullo de 2021 haberá club de lectura, faladoiros, Espazo Wikimulleres, laboratorio de lectura e escritura e presentación de libros. Ademais, o Centro participará cunha caseta informativa na Feira do libro de Vigo, que terá lugar do 1 ao 10 de xullo na cidade.
Un ano máis, o Centro de documentación e recursos feministas convoca á cidadanía arredor dun programa de actividades culturais que teñen a muller e a igualdade no centro e que se desenvolverán durante os meses de abril, maio e xuño mediante a plataforma de videoconferencia Google Meet. Aínda que as actividades se realizaran en formato virtual necesitarán inscrición previa polo que todas aquelas persoas que desexen participar nestes obradoiros deberán inscribirse previamente no teléfono 986 810 284 ou o enderezo ofi.muller@vigo.org.. A entidade mantén aberta a posibilidade de cambiar ao formato presencial en función da evolución da situación sanitaria.
Este é o programa de actividades feministas do que poderemos desfrutar esta primavera:
CICLO DE FALADOIROS – Percorrendo Vigo con lentes violeta para pensar a cidade con perspectiva de xénero.
Martes, 27 de abril, 19:00h
María Alfonso de Pazos Figueroa: unha pioneira industrial no Vigo medieval
Con Uxío Reinoso
Martes, 18 de maio, 19:00h
Exeria , Filomena Dato, Ernestina Otero, Olimpia Valencia: Visibilización institucional das mulleres sabias na Universidade de Vigo
Con Águeda Gómez
Mércores, 23 de xuño, 19:00
Palmyre Ros e a revista Alborada (Vigo,1966): un proxecto pioneiro de prensa clandestina de mulleres.
Con María Lopo
CURSO DE EDICIÓN EN WIKIPEDIA II de cara a dotar os contidos da mesma de perspectiva de xénero.
Desnvólvese ao longo de tres sesións: 5, 12, e19 maio, de 18:00 a 20:00h
Impartido por Adrián Estévez.
De xeito paralelo, convócanseas xuntanzas WIKIMULLERES, reunións periódicas todos os luns de 11 a 12:30h para a edición da Wikipedia.
PRESENTACIÓN DE LIBROS
Mércores, 21 de abril, 19:00
Xohana Torres. Da viúva de vivo á muller navegante (Concello e Universidade de Santiago, 2020)
Con Ana Garrido
Martes, 11 de maio, 19:00
Xela Arias, poesía reunida (1982-2004) (Xerais, 2021)
Con María Xesús Nogueira
Mércores, 9 de xuño, 19:00
Lingüística se escribe con A: La perspectiva de género en las ideas sobre el lenguaje (Catarata, 2021)
Con Teresa Moure
CLUB DE LECTURA
Mércores, 28 de abril, 18:00 a 20:00
María Lado comentará La amiga estupenda, de Elena Ferrante
Mércores, 26 de maio, 18:00 a 20:00
Iria F. Mouriz guiará a conversa sobre Tea Rooms: mujeres obreras, de Luisa Carnés
Mércores, 30 de xuño, 18:00 a 20:00
Elisabet P. Costas, da Asociación Nós Mesmas, comentará Bequerida catástrofe, de Teresa Moure.
LABORATORIO DE LECTURA E ESCRITURA
A escritora e dramaturga María Carrazoni impartirá un Laboratorio de lectura e escritura, na que se explorará a escrita a partir da lectura e o comentario de textos literarios. A actividade desenvolverase ao longo de oito sesións que terán lugar entre o 6 de maio ao 24 de xuño, de 18:00 a 20:00h.