‘Hemos venido a darlo todo’, Voadora
Na década dos oitenta, Siniestro Total cantaba:
«… si aterriza el Columbia en el tejado de tu casa
y descubres que la NASA roba tus discos de cumbia…»
E é que a relación entre a música e o cosmos sempre foi moi estreita. A tripulación da nave Voadora, con Marta Pazos no posto de mando, aterra na superficie da Sala Ártika cunha misión: dalo todo. A proposta da compañía compostelá, que podería definirse como unha rave en forma de espectáculo, parte dos samplers sonoros que a axencia espacial norteamericana puxo en órbita en 1977, dentro do Disco de ouro das Voyager co que definir á humanidade en conxunto. Voadora revisa eses materiais catro décadas anos despois nun concerto escénico onde a música e as interpretacións de Fernando Epelde, Hugo Torres, José Díaz e a propia Pazos, para nos levar alén das estrelas.
#culturasegura #nonoscanceles
Venres 9, sábado 10 e domingo 11
20.00 h
14,00 € (entrada xeral) / 10,00 € + gastos de xestión (anticipada)
Ernesto Is
Escritor
Ernesto Is
Últimos posts de Ernesto Is (ver todos)
- ‘Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos’, de VACAburra - 31 Maio, 2024
- ‘Soñar al borde del precipicio’, de Anómico Teatro - 20 Maio, 2024
- ‘Helen Keller, a muller marabilla?’, de Chévere - 5 Marzo, 2024
- ‘O raro é que bailar sexa raro’, de VACAburra - 12 Decembro, 2023
- ‘Deadpan Karaoke’, de Ibuprofeno Teatro - 6 Novembro, 2023