CAMELIAS MASCOTAS

Viaxa ás Illas Cíes durante a ponte do Pilar coa Navieira Mar de Ons

A Navieira Mar de Ons organiza viaxes ás Illas Cíes con motivo da ponte do Pilar. Os visitantes poderán achegarse ao arquipélago do Parque Nacional desde os portos de Cangas e Vigo os días 10, 11 e 12 e as saídas inclúen visita guiada e en inglés para estranxeiros. A intención da Navieira é poder seguir realizando viaxes a este destino durante as fins de semana de outono e inverno, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

A navieira poñerá rumbo ao arquipélago do Parque Nacional das Illas Atlánticas para todos aqueles que queiran gozar deste paradisíaco destino en pleno outono, desde outra perspectiva que vai máis aló da opción de praia dos meses estivais, incluíndo unha visita guiada e en inglés para estranxeiros.

Silvia Torres, responsable comercial de Navieira Mar de Ons considera que “as Illas Cíes son unha paisaxe única no que poder gozar de espectaculares vistas, paseos, fauna e flora autóctona. A súa extensión, os seus espazos ao aire libre e as cotas limitadas convértenas no destino idóneo ao que acudir para desconectar e relaxarse na situación actual que estamos a vivir”.

REVISTA NOVEMBRO

En concreto, os horarios para viaxar a Illas Cíes desde Cangas e Vigo do sábado 10 ao luns 12, ambos inclusive, serán os seguintes:

  • Cangas – Illas Cíes ás 10:30 ou 15:00 hrs
  • Vigo – Illas Cíes ás 11:00 ou 15:30 hrs
  • Illas Cíes – Vigo/Cangas ás 14:15 ou 18:00 hrs


A tarifa para particulares é de 17,50 € por adulto e de 5,00 € por crianza entre 5 e 12 anos, ambos incluídos. Os menores de cinco anos viaxan gratis. Esta tarifa inclúe visita guiada e en inglés para estranxeiros . O sábado e o domingo tamén haberá barcos desde Portonovo e Sanxenxo, cun prezo de 28€.

Desde Navieira Mar de Ons adoptáronse todas as medidas de seguridade e hixiene a bordo das embarcacións para garantir a saúde de viaxeiros e traballadores. Incrementáronse os labores de limpeza e desinfección a bordo dos barcos, onde por suposto é obrigatorio o uso da máscara.