CAMELIAS MASCOTAS

O Festival 17º Ribeira Sacra anuncia cartel cos abonos xa esgotados

Xoel López, Guadi Galego, Cassete Pirata ou Best Boy son algúns dos artistas que compoñen o cartel da IV edición do 17ª Ribeira Sacra. O festival, xa de por si de pequeno, tivo que reducir o seu aforo polas medidas sanitarias e os abonos para esta edición, que terá lugar do 31 de xullo ao 2 de agosto, xa están esgotados.

17º Ribeira Sacra 2019 | Javier Rosa

Música, viño, gastronomía e patrimonio son os catro piares do Festival 17º Ribeira Sacra, que regresa do 31 de xullo ao 2 de agosto coa súa cuarta edición, máis íntima, máis próxima.

REVISTA NOVEMBRO

Este festival é a cita perfecta non só para quen xa coñece o encanto da zona, senón tamén para todas aquelas persoas que aínda non tiveron a oportunidade de deixarse fascinar por un dos segredos mellor gardados da paisaxe galega. Un dos reclamos do festival son os seus escenarios os concertos teñen lugar en enclaves únicos como bodegas, miradoiros ou embarcadoiros.

Este ano un dos artistas que pasará por estes escenarios é Xoel López, que presentará temas do seu décimo quinto traballo, do que xa escoitamos adiantos, como Tigre de bengala, cheo de frescura e ritmos bailongos. A voz emocionante de Ele soará durante semanas entre cada recuncho da Ribeira Sacra, mentres que con Guadi Galego viaxaremos ata o seu interior da man de Immersion, un álbum gravado con invitados de luxo, como Iván Ferreiro. Durante esta viaxe poderemos saborear o indie-pop psicodélico dos portugueses  Cassete Pirata e de Momboi, coa sua mestura de cumbia e rumba con melodías jazz e  funk. A nota de cor poñeraa Elba, con sons pop moi frescos e próximos á electrónica, de onde tamén beben Laura LaMontagne & PicoAmperio, de maneira máis íntima e movéndose desde os loops á tradición galego-portuguesa das “cantigas de amigo”. E do discurso e o poder da canción tradicional galega, tamén por parte tamén de Os amigos dos músicos e pasaremos a Best Boy e as súas cancións folk-pop que acariñan mentres pechas os ollos.

Esta cita única, que marida día e noite música, viño, gastronomía e patrimonio nun marco natural de excepción, dará a coñecer moi pronto outras novidades do seu programa: catas, cociña de autor, roteiros e outras actividades para o goce da zona. Os abonos para desta IV edición están xa esgotados. Para este ano o festival creou unha edición máis reducida e de menor formato, o que obrigou a reducir os abonos e os espazos de celebración. O evento está suxeito ás medidas preventivas e recomendacións sanitarias que vaian actualizándose por parte das autoridades, e a súa celebración está condicionada á situación no momento da celebración.