Os 100.000 pasos solidarios do Centro Comercial Gran Vía en favor do Banco de Alimentos
O Centro Comercial Gran Vía pon en marcha un reto solidario entre todos os seus seguidores en beneficio do Banco de Alimentos de Vigo. Consiste en realizar entre todos 100.000 pasos solidarios que o centro comercial transformará en diñeiro para a entidade social.
O Centro Comercial Gran Vía anima a todos os seus seguidores en redes sociais a participar neste reto solidario consistente en realizar como mínimo 100.000 pasos solidarios entre todos. Durante os días 8,9 e 10 de maio todos aqueles seguidores que o desexen poderán subir ao perfil de Facebook e Instagram unha imaxe de calquera dispositivo: Polar, Garmin, Sunnto, Strava, cinta de correr ou calquera outro en que se reflicta o número de pasos diarios.
A solidariedade e o modo de vida san serán os protagonistas deste reto. En agradecemento á confianza depositada durante tantos anos en Gran de Vigo, o centro comercial realizará un donativo económico de 1.000 euros ao Banco de Alimentos de Vigo