A Movida secunda as medidas de contención do Coronavirus
Como ben sabedes encántanos propoñervos plans para que saiades da casa, sociabilicedes e consumades cultura en todas as súas vertentes. Pero tras a situación xerada polo Coronavirus toca ser responsables e seguir as pautas marcadas polas autoridades sanitarias. Isto quere dicir reducir ao máximo a nosa exposición pública.
Nas últimas horas temos recibido decenas de correos electrónicos informando da cancelación de diversos eventos previstos para estes días. Cremos que esa é a única decisión acertada e por ende a nosa axenda de eventos perde funcionalidade. É por iso que a imos suspender de maneira provisional ata que a situación volva a normalidade.
É importante que todos de maneira individual fagamos o posible por conter a propagación do virus polo que vos animamos a ler as recomendacións da Xunta de Galicia, que se irán actualizando segundo evolucione a situación.
Mentres tanto e para paliar o aburrimento de tantas horas en casa pechados, en amovida.gal iremos publicando e recuperando reportaxes e entrevistas que vos poden resultar interesantes e que farán a crise do Coronavirus un pouco máis levadeira. Preme neste enlace.