Descubrindo os tesouros da Ría de Vigo coma Nemo
O 18 de febreiro de 1868 o Capitán Nemo entraba na baía de Vigo a bordo do Nautilius. Agora, 150 máis tarde, todos os vigueses e viguesas temos a oportunidade de vogar a ría de Vigo tal e como o fixo a personaxe de Verne.
Con motivo do aniversario estase a celebrar na cidade o encontro internacional De Vigo a Verne que reúne a varios expertos na figura do escritor francés. Unha das actividades máis atractivas do evento son as rutas en barco simulando a viaxe de Nemo a súa chegada a Vigo. Aínda que as actividades entorno a este encontro internacional acaban hoxe domingo, as rutas en barco continúan a cargo de oceansecrets.es
No capítulo octavo de ‘Oito mil leguas de viaxe submarina’, Verne relata como o capitán Nemo e o biólogo Aronnax recalan na ensenada de San Simón. Non era unha parada casual, pois segundo imos lendo coñecemos que, é na bahía de Vigo onde Nemo se surte de diñeiro para sufragar as súas expedicións.
Verne bo coñecedor da historia, sabía ben da coñecida Batalla de Rande que un século atrás resultara con centos de barcos da flota hispano-inglesa cargados con ouro das américas afundidos na Ensenada de San Simón. O escritor francés recuperaría este episodio da historia na súa novela e inmortalizaría para sempre Vigo literariamente.
Así nolo explican a bordo do Nautilius, unha versión moderna do barco de Verne a través do cal podemos achegarnos a este capítulo da nosa historia. A bordo con nós tamén viaxa Nemo, un robot de buceo que nos permite sumerxirnos polas profundidades do Atlántico. A ría de Vigo ten un enorme valor patrimonial, nos máis de 2.000 anos que se leva empregando como ruta de navegación, por ela desfilaron fenicios, gregos, vikingos… e as profundidades do océano están plagadas de tesouros. Pero ademáis, trátase dun innegable patrimonio natural e as súas augas son moi productivas. Para mostra delo, Galicia é o segundo país productor de mexillóns do mundo só por detrás de China, como nos explican ao tempo que nos amosan as bateas que adornan a ría e sorprenden aos extranxeiros.
A ruta intercala as explicacións con tempo libre para que gocemos da experiencia de navegar nun entorno privilexiado. Costa pouco imaxinarse a todos eses expidicionistas, exploradores, navegantes e guerreiros que por distintos motivos recalaron aquí.
Últimos posts de Tamara Novoa (ver todos)
- Ledicia Costas: «O humor e a infancia moven o mundo» - 25 Outubro, 2024
- Mariña López: «O museo da industria conserveira non debería estar no monte» - 29 Agosto, 2024
- Villa Idalina, pícnic privado con vistas ao Miño - 12 Xuño, 2024
- Ailén Kendelman: «A través do humor podemos saír de situacións dolorosas» - 28 Maio, 2024
- Bruno Arias: «A xente está decatándose de que unha película en galego pode ser boa» - 25 Abril, 2024