CAMELIAS MASCOTAS

Volven as 24h do XXIII Maratón Fotográfico Concello de Vigo

Colle a túa cámara, axusta a obturación e o diafragma e prepárate para 24 horas de pura fotografía no XXIII Maratón Fotográfico do Concello de Vigo, que terá lugar nos días 29 e 30 de setembro. Haberá premios de ata 1.000 euros e una experiencia única asegurada. 

A Agrupación Fotográfica Galega organiza outro ano máis este maratón, que cumpre XXIII edicións, no que fotógrafos e fotógrafas compiten por conseguir a mellor serie de 4 imaxes. Para iso terán desde ás 13:00 do sábado 29 de setembro ata as 14:00 do domingo para sacar todas as fotografías que desexen, sempre dentro dos límites da cidade ou con Vigo como protagonista.

REVISTA NOVEMBRO

De todas estas instantáneas, cada participante ten que escoller unha serie de catro, as que mellor se adapten aos criterios de avaliación, que serán a coherencia coa temática proposta e coa serie, a orixinalidade, a calidade técnica e a calidade artística. Os temas a fotografar serán expostos en cada un dos distintos controis que haberá ao longo da xornada.

Os autores ou autoras das tres mellores series, escollidas por un xurado formado por especialistas na materia, serán galardoados 1000€, 500€ e 300€, respectivamente. Estas fotografías serán expostas no Museo MARCO o día do veredicto do xurado. Este grupo de imaxes pode pertencer a calquera das dúas categorías do Maratón: dixital ou analóxica.

Amantes da fotografía, anotade o día 29 de setembro porque promete ser unha xornada do máis especial. Dura, pero produtiva. Podes inscribirte o propio día na Cafetería Sifón ou preinscribirte pinchando aquí.

(GMT+01:00) Agrupación Fotográfica Galega